JAPAN NUCLEAR CRISIS: WHERE ARE THE ROBOTS?

imagen

Chama especialmente a atención ó ver as imaxes que chegan da central nuclear de Fukushima a labor duns homes enfundados nuns traxes brancos, que para moitos son heroes,  que están deixando as súas vidas para salvar a comunidade. Labor encomiable, sen dúbida, pero…, no país dos robots, ¿non hai robots que poidan traballar na emerxencia da central nuclear accidentada?¿Por que?.

 

VASOS SANGUÍNEOS INMUNOCOMPATIBLES.

imagenA revista Science acaba de publicar un traballo dun grupo de investigadores americanos que diseñaron  unha nova forma de fabricar vasos sanguíneos para pacientes operados de corazón.Ata agora, existía a posibilidade de cultivar vasos sanguíneos a partir de células do paciente mismo cun proceso que dura nove meses ou máis e os enfermos normalmente non poden agardar tanto tempo.Os novos inxertos pódense preparar cuns días de antelación e almacenarse de xeito sinxelo, e non son inmunoalérxicos polo que se poden transplantar sen que desencadeen rexeitamento inmunolóxico.Os investigadores xeraron os vasos sanguíneos a partires do cultivo de células musculares de doantes da nosa especie nun esquelete en forma tubular dun polímero biodegradable. As células do músculo elaboraron coláxeno e outras moléculas que formaron unha matriz extracelular. Cando o armazón se degradou, os novos vasos sanguíneos xa estaban completamente formados.Para suprimilo rexeitamento inxectouse un deterxente que eliminou as células do músculo do doador e o novo tecido mantivo a súa forza e elasticidade sen perder a forma tubular.

 

NATURAL KILLER

O noso corpo posúe mecanismos de defensa naturais para eliminar unha infección cando esta se produce.O seguinte vídeo amósanos un glóbulo branco despregando a resposta inespecífica ante un ataque bacteriano.                                                                                                                                      

 

CHIMPANCÉS ALTRUÍSTAS

imagenUn equipo de primatólogos descubriu no Parque Tai (Costa de Marfil) que os chimpancés poden ser tan altruístas coma nos os humanos, xa que é moi común que adopten crías orfas que perderon aos seus pais e as que tratan coma fillos propios.É un caso de altruísmo extremo, xa que lles supón anos de coidados (vixiancia nas viaxes, protección en conflictos, compartir comida,…) sen recibir nada a cambio.Hai casos de altruísmo na natureza, pero soe ser bastante instintivo e agardando reciprocidade. Neste caso trátase dun comportamento custoso para axudar a outro sen ningún beneficio propio, algo só visto no xénero humano.Algo máis extraño é que este comportamento apréciase en femias pero tamén en machos.

 

PARENTESCO EVOLUTIVO

 

imagen

Hai dez millóns de anos a anatomía neurocerebral dos chimpancés (Pan troglodytes) e dos humanos (Homo sapiens) era a mesma. A partir deste momento a nosa especie potencia un desenvolvemento cerebral que lle permite usar, fabricar e deseñar unha tecnoloxía nunca vista na historia da evolución.

Hai unha característica que perdurou tanto nos chimpancés como nos humanos: o uso preferente da man dereita.

Ser diestros ou zurdos non é froito do azar ou de hábitos que establecemos dende pequenos, senón que é consecuencia dun proceso de evolución do sistema nervioso. Arredor do 90% dos individuos das poboacións de chimpancés e de humanos son destros segundo os estudios publicados na revista American Journal of Primatology.

Os individuos que utilizan preferentemente as extremidades dereitas do corpo posúen un xene dominante chamado LRRTM1 que parece ser a causa deste comportamento.

 *Que che suxire este parecido?

* Pode ter algunha ventaxe biolóxica ser destro?

*Que é a nomenclatura binomial? 

 

O SOL, NACEMENTO E MORTE DUNHA ESTRELA

Entre os miles de millóns de astros que comparten con nos o espazo na Vía Láctea, atópase o Sol, unha estrela amarela de mediano tamaño que naceu e morrerá como tantas outras no Universo.

Mentres, tódalas mañáns aparece polo horizonte e enche de luz e calor o noso planeta. Mais … que coñecemos del?

O seguinte vídeo achéganos á anatomía e o funcionamento do motor da vida na Terra.


 

AEROXEL: O SÓLIDO MÁIS LIXEIRO DO MUNDO

imagenReferido ao tema de materiais que estamos a tratar, preséntovos un material, o aeroxel ou “fume azul”, que debido as súas excepcionais propiedades pronto formará parte da nosa vida cotiá.

É un sólido de apariencia delicada, translúcida e nubosa, que se elabora a partir de dióxido de silicio (o mesmo material co que se fabrica o vidro) pero no que se substitúe o líquido por aire obtendo unha estrutura esponxosa 1000 veces máis liviá co vidro.

O máis asombroso son as súas propiedades:

- Ó ser poroso ten gran superficie ( 1g de aeroxel equivale a superficie dun campo de fútbol)

- É o sólido con menor densidade coñecido (5mg/cc)

- Excelente illante térmico, acústico e eléctrico.

- Químicamente inerte.

Seguidamente amósovos algunhas das aplicacións actuais dos aeroxeles:

- Illantes: fiestras, neveiras, termos, sacos de durmir, plantillas botas, …

- Industria automovilística: parachoques, pneumáticos, …

- Filtros descontaminantes: eliminar fuel de verquidos no mar.

- Chalecos antibala.

- Raquetas de tenis e paddle.

- A NASA utilízao para capturar partículas de cometas.

- Desalgado de auga marina, ……..


 

BIOMIMÉTICA

imagenReferido ao tema de novos materiais que estamos a escomenzar, propóñovos analizar unha fermosa e delicada estrutura que a natureza nos proporciona e que o home tenta de imitar: as teas de araña.

Recentemente descubriuse que a seda producida pola glándula ampolácea dos arácnidos é un prodixio de enxeñaría estrutural formada por pezas (aminoácidos) que se repiten e que son capaces de reordearse cando unha peza se rompe (semellan unha torre de galletas María na que se retiramos unha, a que está por riba ocupa o seu espazo e a torre mantense intacta). Esta estrutura determina as súas propiedades:

* Gran resistencia (cinco veces maior co aceiro)

* Gran flexibilidade (30% máis co kevlar)

* Dúctil

* Biodegradable e reciclable.

* Antimicrobiana.

Estas propiedades fan que o estudio  da seda das arañas sexa un dos materiais máis investigados polo home co fin de imitalo xa que as arañas non se poden domesticar pois son de natureza solitaria e depredadora. Dentro das numerosas aplicacións desta fibra sería ideal para fios de sutura, rexeneración de tendóns e prendas antibala.


 

O OURO GRIS: O COLTAN

Seguindo co tema de recursos minerais preséntovos un recurso enerxético non renovable altamente estratéxico.

O coltan é unha mestura de dous minerais: a columbita e a tantalita. Destes extráense dous minerais, o niobio e o tántalo imprescindibles para os compoñentes electrónicos avanzados.

O 80% das reservas mundiais atópanse na República Democrática do Congo donde se extrae con métodos arcaicos moi semellantes aos que se usaban para a obtención do ouro no século XIX.

As propiedades deste metal fano case máxico:

* Excelente superconductor.

* Ultrarrefractario (soporta altísimas temperaturas).

* Capacitor (almacena electricidade e libéraia cando se necesita).

* Elevadada resistencia a corrasión.

Estas propiedades fan que este metal sexa utilizado en:

* Telefonía móbil e GPS.

* Satélites artificiais.

* Armas teledirixidas.

* Televisións de plasma , portátiles, videoconsolas, PDA, MP3,MP4….

Seguidamente amósovos un vídeo no que aparece a realidade da explotación do coltan. Despois do seu visionado agardo os vosos comentarios.


 

IMITAR AS ESTRELAS

imagenA utilización de combustibles nucleares distintos do uranio e do plutonio cada vez parece máis próxima.

No Laboratorio Nacional de Ignición (NIF) de California posúen os raios láser máis potentes do mundo construídos ata o momento. Pretenden concentrar 200 raios láser sobre unha pequena cápsula que conteña isótopos de hidróxeno (deuterio e tritio) e conseguir que se fusionen ó acadar temperaturas próximas aos 3,3 millóns de graos kelvin.

O obxectivo é que a enerxía liberada na fusión sexa maior ca consomida para iniciar o proceso.

Estímase que os primeiros resultados satisfactorios aparecerán en 2010-2011; de ser así estaríamos ante un dos maiores logros de toda a nosa existencia e poderíamos dispoñer dunha fonte de enerxía limpa, renovable e prácticamente ilimitada, liberándonos da dependencia dos combustibles fósiles.