IMITAR AS ESTRELAS

imagenA utilización de combustibles nucleares distintos do uranio e do plutonio cada vez parece máis próxima.

No Laboratorio Nacional de Ignición (NIF) de California posúen os raios láser máis potentes do mundo construídos ata o momento. Pretenden concentrar 200 raios láser sobre unha pequena cápsula que conteña isótopos de hidróxeno (deuterio e tritio) e conseguir que se fusionen ó acadar temperaturas próximas aos 3,3 millóns de graos kelvin.

O obxectivo é que a enerxía liberada na fusión sexa maior ca consomida para iniciar o proceso.

Estímase que os primeiros resultados satisfactorios aparecerán en 2010-2011; de ser así estaríamos ante un dos maiores logros de toda a nosa existencia e poderíamos dispoñer dunha fonte de enerxía limpa, renovable e prácticamente ilimitada, liberándonos da dependencia dos combustibles fósiles.

 

Tags: ,

7 Respostas a “IMITAR AS ESTRELAS”

  1. sem.carlos Dixo:

    Oxalá se consigan numerosos avances neste campo,xa que me parece un retroceso nos avances da ciencia queimar tanto petróleo como se fai na actualidade,cando o petróleo se pode empregar noutros campos,como é na medicina.

  2. sem.carlosneves Dixo:

    Necesítanse consegir grandes avances neste campo xa que fai falta que se pare de malgastar o petroleo xa que serve para outras cousas como por exemplo a medicina e para moitas mais cousas.

  3. sem.armando Dixo:

    a min poder obter enerxia através da fusión nuclear pareceríame un gran logro para a ciencia pois inmitariamos as estrelas .ademais acantidade de enerxia que se producise seria brutal abaratando seguramente os costes da enerxia.

  4. sem.ruben Dixo:

    Esta informacion faime pensar que os cientificos estan xogando a ser deuses.Hoxe en día aínda non sabemos o que temos debaixo de nos(a uns poucos metros)e estan intentando imitar as estrelas.O petroleo,un recurso NON RENOVABLE estase a gastar en cousas que poden chegar a ser moi boas para o futuro,pero tamen serve de combustible,para fabricar mediciñas….ainda que como se nos di na informacion,pode chegar a ser un gran avance na enerxia.

  5. sem.anibal Dixo:

    A idea de poder imitar as estrelas é incrible,xa que reproducir na terra o mesmo que nelas pode ser un moi grande avance tecnolóxico porque os actuais recursos que estamos a utilizar estamos a esgotalos

  6. sem.angel Dixo:

    Pareceme moi ben que se intente imitar ás estrelas para así ter unha enerxía renovable infinita e deixar así de usar o petróeo. Pero é moi arriscado, calquera día prodúcese ahí unha reacción moi forte e acaban co mundo

  7. alberte Dixo:

    Teño que dicir que non creo que algún material poda resistir tan altas temperaturas

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.