PARENTESCO EVOLUTIVO

 

imagen

Hai dez millóns de anos a anatomía neurocerebral dos chimpancés (Pan troglodytes) e dos humanos (Homo sapiens) era a mesma. A partir deste momento a nosa especie potencia un desenvolvemento cerebral que lle permite usar, fabricar e deseñar unha tecnoloxía nunca vista na historia da evolución.

Hai unha característica que perdurou tanto nos chimpancés como nos humanos: o uso preferente da man dereita.

Ser diestros ou zurdos non é froito do azar ou de hábitos que establecemos dende pequenos, senón que é consecuencia dun proceso de evolución do sistema nervioso. Arredor do 90% dos individuos das poboacións de chimpancés e de humanos son destros segundo os estudios publicados na revista American Journal of Primatology.

Os individuos que utilizan preferentemente as extremidades dereitas do corpo posúen un xene dominante chamado LRRTM1 que parece ser a causa deste comportamento.

 *Que che suxire este parecido?

* Pode ter algunha ventaxe biolóxica ser destro?

*Que é a nomenclatura binomial? 

 

Tags: ,

11 Respostas a “PARENTESCO EVOLUTIVO”

  1. sem.josecarlos Dixo:

    Eu penso que os monos e os demais homínidos son antecesores de los humanos porque, respecto a nosa composición e a súa, son case iguais.As súas reaccións, as súas formas de relacionarse cós demais da súa especie pois e moi parecida a os humans.

  2. sem.cota Dixo:

    Eu tamén penso iso xa que todos os nosos antecesores eran moi parecidos a nos e a súa forma de relacionarse.Os chimpancés procedían dos monos e eles foron os que evolucionaron máis, xa que eles foron os qe se empezaron a por de pe como os humanos.Tamen penso que os humanos imos evolucionar de generación en generación e cando non nos fagan falta moitas partes do noso corpo desaparecerán.

  3. sem.cesar Dixo:

    Eu penso que claro que temos un parentesco común,xá que nun pasado todos fomos o mesmo individuo.

  4. sem.cabido Dixo:

    Este parecido suxireme que entre o chimpancé e os humanos hai moi pouca distancia na cadea evolutiva xa que as porcentaxes estas de destros ou zurdos son iguais nas poboacións de chimpances e de humanos.
    Esta característica de ter a man dereita máis hábil supoño que non terá nada que ver con algo favorable bioloxicamente.
    A nomenclatura binomial das especies debémoslla a LINNÈ que foi un científico que clasificou as especies con dúas palabras: a primeira referida ó xénero da especie e a segunda a destinción desa especie dentro do seu xénero.

  5. sem.atanes Dixo:

    Este é un claro exemplo de que os seres humanos e os chimpances evolucionaron dun mesmo ser.A min pareceme moi interesante o de que os diestros e os zurdos seamos diferentes xeneticamente porque sempre pensei que o de ser zurdo ou diestro se devía a que de pequenos nos acostumbraban a facer as cousas cunha man ou coa outra.

  6. sem.alejandro Dixo:

    Es muy curioso que después de que los humanos hayamos sufrido un proceso evolutivo y que seamos una especia distinta a la de los chimpancés tengamos teniendo trazos comunes como puede ser este y que a pesar de que seamos tan distintos fisicamente, geneticamente seamos como hermanos debido a las similitudes entre ambas especies

  7. kevin Dixo:

    A evolución do ser humano é moi curiosa xa que ninguén se imaxinaba que os primeiros homínidos serían capaces de evolucionar tanto para chegar a ser o homo sapiens-sapiens. Tamén hai que recoñecer que esta evolución tivo as suas causas negativas debido a morte de moitos descendentes nosos. O que máis me impacta da evolución foi o desarrollo da man como unha ferramenta moi valiosa e de gran utilidade. Tamen a adaptación dos fémurs para poder andar de pé e deixar libre as mans

  8. blanco Dixo:

    O que está claro e que no pasado eramos a misma especie e tomamos caminos distintos, xa que uns quedaron no arbol e outros decidiron baixar e aventurarse. O uso da man dereita ou esquerda pode ser o que os nosos pais dende pequenos facer as cousas ca man dereita como escribir, se fora o contrario o mellor seriamos zurdos

  9. diz Dixo:

    A evolución do Ser Humano dende o Chimpancé , ata o que hoxe somos nos (Homo Sapiens-Sapiens) foi pasando por diversos procesos evolutivos ata chegar a adquirir unhas caracteristicas propias para poder convivir todos xuntos nunha sociedade hoxe en dia.
    Moitos de estas caracteristicas que foron cambiando o longo do tempo son: Foramen Magnum cara abaixo, Pelve ensanchase e acurtase, os dedos gordos do pes perden oponibilidades, os musculos faciais non estan tan marcados….. e todo esto axuda o desenvolvemento e a evolución do home

  10. feijoo Dixo:

    Temos moito que ver cos chimpancés,e cada vez imos descubrindo que máis cousas das que imaxinamos. É impresionante que tamén haia máis chimpancés que usan a man dereita que a esquerda,e que non sexa o azar senón un proceso de evolución no sistema nervioso sorprende aínda máis.

  11. caride Dixo:

    Paréceme increíble o dos chimpancés o seu parecido a nós os humanos.
    Un dato que descoñecía era o do 90% dos humanos e chimpancés somos destros, esto pode xerar nunha vantaxa que solo temos estas 2 especies.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.