BIOMIMÉTICA

imagenReferido ao tema de novos materiais que estamos a escomenzar, propóñovos analizar unha fermosa e delicada estrutura que a natureza nos proporciona e que o home tenta de imitar: as teas de araña.

Recentemente descubriuse que a seda producida pola glándula ampolácea dos arácnidos é un prodixio de enxeñaría estrutural formada por pezas (aminoácidos) que se repiten e que son capaces de reordearse cando unha peza se rompe (semellan unha torre de galletas María na que se retiramos unha, a que está por riba ocupa o seu espazo e a torre mantense intacta). Esta estrutura determina as súas propiedades:

* Gran resistencia (cinco veces maior co aceiro)

* Gran flexibilidade (30% máis co kevlar)

* Dúctil

* Biodegradable e reciclable.

* Antimicrobiana.

Estas propiedades fan que o estudio  da seda das arañas sexa un dos materiais máis investigados polo home co fin de imitalo xa que as arañas non se poden domesticar pois son de natureza solitaria e depredadora. Dentro das numerosas aplicacións desta fibra sería ideal para fios de sutura, rexeneración de tendóns e prendas antibala.


 

Tags: , ,

7 Respostas a “BIOMIMÉTICA”

  1. sem.angel Dixo:

    Pareceme icrible a labor das arañas,verdadeiramente son animais que nunca me gustaron porque xa o di aí son solitarias e depredadoras.Pero espero que se pida aproveitar a tela para a rexeneración de tendóns e prendas antibalas ,sería unha materia prima fácil de conseguir e barata sempre que as arañas traballen.

  2. sem.xacobe Dixo:

    A verdade é que é impresionante,que una animal pequeno como e un arácnido,poida producir un material tan impresionante e cuns caracteres espectaculares.Oxala se poida polo menos imitar artificialmente este material,e seguramente moitos outros animais,fabrican moitos outros materiais con similares caracteres,pero que aínda non se descubriron.

  3. sem.carlosneves Dixo:

    E inmpresionante as propiedades que ten as teas da araña dado que pode ter unha forzxa imperesinante e esperemos que os investigadores sexan capaces de imitala.

  4. sem.alfonso Dixo:

    Pois e a min pareceme unha cousa estupenda e vemos que a natereza fai cousas espectaculares e produtivas para a humanidade.

  5. sem.carlos Dixo:

    Parece increíble,como o ser humano é o máis intelixente dos seres vivos,pero como hai outras especies que fan estructuras que son as que verdadeiramente nos axudan ós homes.

  6. sem.anibal Dixo:

    Isto é algo increible,que unha estrutura como son as teas de araña sexan tan resistentes parece imposible.Seguramente si o home a pode imitar será un dos avances máis espectaculares da historia

  7. sem.ruben Dixo:

    Creo que o ser humano(o ser vivo máis intelixente;por teren capacidade para razoar)crea que o sabe todo,mentres uns animais máis pequenos están a facer estruturas moi resistentes.O home ten que intentar copiar a este arácnido,para así poder crear unhas estruturas fortes e ríxidas que soporten grandes pesos.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.