SUPERADOBE: LOW-COST GREEN HOME

imagenExisten varias técnicas para facer casas ecolóxicas. Pero hai unha que chama poderosamente a atención pola súa simplicidade, beleza e nulo impacto ambiental, a construción con sacos de terra.

Nader Khalili, arquitecto americano de orixe iraní e ex diseñador de rañaceos, ven de readaptar unha técnica ancestral  -inspírase en construccóns do deserto iraní e no uso da terra insaculada polos militares nas súas campañas-  de construir con terra e bautizouno como superadobe:  o método construtivo máis económico do planeta, resistentes aos sismos, inundacións, furacáns… e, ademáis compórtanse de xeito bioclimático.

Os materiais necesarios son sacos de rafia, terra que rodea a construción, un 10% de cemento e un rolo de arame de espiño que fixará a modo de velcro os sacos.

Este tipo de construcións úsanse en campos de refuxiados, en zonas rurais de países pobres e en climas secos (sería ideal nun clima mediterráneo como o español) e xa empezan a xurdir os primeiros asentamentos no sur de Portugal, nas illas Baleares e en Extremadura. Co superadobe, a ecoloxía (non se usa madeira) dase a man coa economía (unha vivienda unifamiliar ten un  custo que ronda os 160 euros)  e con curtos prazos de execución (pódese levantar en tres días).

A NASA xa se interesou por esta técnica para construir casas noutros planetas ou na lúa cando éstes sexan colonizados; pero tamén hai quen busca opcións a unha vida máis natural ecolóxica lonxe dos núcleos urbanos. Lugares que nos permitan fuxir de hipotecas, alugueiros e comida empaquetada.

Seguidamente déixovos un vídeo no que se amosa cómo se constrúe con esta técnica que supón a volta á terra.


 

PETRÓLEO 2.0

imagenNeste tema de recursos estamos a comentar que os combustibles fósiles son son renovables e que se esgotan ou estan acadando uns prezos alarmantes. Pero canto máis apreta a crise máis alternativas aparecen ao ouro negro.

Unha empresa de Silicon Valley en Norteámerica chamada LS9 conseguiu modificar xenéticamente o ADN dunha cepa da bacteria Escherichia Coli para que excrete petróleo crudo a partir de biomasa (serrín, palla,…) e restos orgánicos. Comezou a comercializado a finais do 2011 a un prezo de unhs 50 dólares o barril (o petróleo normal está a 120 dólares/barril).

O principal inconvinte é que se necesitan unhas instalacións moi amplas para que poidan obterse as cantidades suficientes para que a actual demanda sexa satisfeita.

Pero as vantaxes son moitas:

- É unha fonte de enerxía renovable que revalorizaría o negocio da madeira.

- É carbono negativo, é decir, absorve máis dióxido de carbono do que se libera na súa combustión.

- Non sería necesario cambiar a estrutura enerxética do mundo como pasará coa economía do hidróxeno.

- Supón unha esperanza para os motores de combustión interna cando o petróleo de sempre se esgote.

 

SMOKING XENES

imagenTodos sabemos que os factores xenéticos inflúen sobre a nosa saúde, e mesmo poden chegar a ser determinantes.

Científicos da Universidade de Michigan identificaron unha mutación xenética frecuente en persoas que teñen unha forte sensación agradable cando fuman o seu primeiro cigarrillo. Os que non a posúen carecen de dita sensación placenteira e as súas primeiras caladas non lles aporta un sabor agradable. Nos fumadores habituais esta mutación é máis frecuente e afirman que a súa primeira experiencia foi pracenteira.

Recientemente científicos españois constataron que os factores xenéticos inflúen tanto na cantidade de cigarrillos que consome o fumador como na posibilidade de seguir ou non fumando (o bloqueo do xene GYP2A6  fai os ratos menos sensibles a nicotina).

tabaquismo é a principal causa de morte que se pode previr a nivel mundial; a decisión de fumar por primeira vez e seguir co vicio non depende únicamente da influenza dos xenes, pero si forma parte dunha mestura de factores como os ambientais e a presión social.

Ocórrechese, dende a biotecnoloxía, algún método para loitar contra a deshabituación tabáquica?

 

MICROBIOMA: A ALIANZA XENÉTICA

imagenProxecto Xenoma secuenciou a información xenética do 10% das células dos humanos. O 90% restante está sendo secuenciada actualmente grazas ao Proxecto Microbioma que pretende descifrar xenéticamente o ADN dos 100 billóns de bacterias que nos acompañan diariamente no noso existir (as persoas escrupulosas que viven obsesionadas pola presenza de xermes debería relaxarse un pouco). Este auténtico ecosistema ten unha masa aproximada de 2 Kg e concéntrase maioritariamente no intestino e cada vez máis téndese a considerar como una parte do individuo. Os nosos xenes e os das bacterias chegan a formar un gran superorganismo que funciona como un todo;  o microbioma xa se considera un órgano en si mesmo que, ademáis de permitir extraer polisacáridos non dixeribles dos alimentos, obter vitaminas ou defendernos doutros patóxenos, tamén nos evitan enfermidades.

As alteracións do microbioma parecen a causa dalgunhas patoloxías:

* Obesidade ( as persoas con sobrepeso teñen pouca biodiversidade bacteriana)

* Diabete tipo 2

* Autismo (moitos autistas teñen unha bacteria intestinal que o resto dos nenos non teñen)

* Esclerose múltiple

* Cerebro inmaduro (regulando a flora intestinal pódese alterar o estado emocional dos ratos)

* Sistema inmunitario incompleto (en ratos madura ao infectalos con determinadas bacterias).

A revista Science incluiu entre as 10 mellores achegas científicas do 2011 a clasificación dos seres humanos en tres grupos (parecido aos grupos sanguíneos) segundo o seu microbioma: BACTEROIDES, PREBOTELLA e RUMINOCOCUS. Segundo esta clasificación hay tres tipos de individuos segundo as bacterias que integran a súa flora. Con isto, poderemos diseñar dietas e fármacos especializados en función do tipo de bacterias.

Por último decir que estes fabulosos aliados que nos acompañan dependen da herdanza que nos trasmite a nosa nai no parto e na lactancia e con posterioridade vanse sumando máis ao grupo segundo as condicións ambientais nas que nos desenvolvemos. Na nosa man está cuidalos (non lle gostan nada os antibióticos) e cada vez abondan máis os alimentos probióticos.

 

PSEUDOMEDICAMENTOS: PRODUTOS MILAGRE

imagenNo tema que estamos a desenvolver tratamos da saúde e da forma de mantela ou recuperala. Na actualidade estamos sometidos a un contínuo bombardeo de produtos que ofrecen incribles solucións a problemas de saúde e estética. Por exemplo:

- Plantillas adelgazantes.

- Cremas que activan o xene da xuventude.

- Pulseiras magnéticas que permiten manter o equilibrio e antiestrés.

- Cremas crecepelo.

- Baba de caracol cicatrizante.

- Veleno de serpe rexenerador de coláxeno.

- Pílulas contra a pel de laranxa ou celulite.

- Alongadores de pene.

- Anticanceríxenos.

- Redutores do colesterol e potenciadores das defensas.

- Parches bronceadores…

A publicidade cos acompaña garante efectos visibles en poucos días, sen esforzo, sen efectos secundarios, pero, en realidade,  todas as calidades que prometen baséanse en pseudociencia. Non están probadas científicamente (nalgúns casos en animais e non en persoas), aínda que abusan das palabras ciencia (hoxe falar do ADN é “chic” como antes foi o atómico) , natural, venda en farmacia, para xerar confianza nos consumidores. Moitas veces acompañan na publicidade personaxes famosos (modelos, deportistas,..) que crean tendencias.

Moitos destes produtos son retirados anualmente dos mercados,  por exemplo as famosas pulseiras máxicas curatodo que lucían nas portadas das revistas os famosos ou a obligacion no Reino Unido de suprimir da publicidade de Actimel o de que aumentan as defensas. Pero xurden outras novas rápidamente para substituilas.

Debemos estar atentos e non caer neste entramado baseado en pseudociencia non validada que únicamente busca beneficios económicos a partir da ignorancia do cidadán.

 

VIDA EXTREMA

fumarola volcánica

 

Neste novo tema que fala dos piares da vida invítovos a coñecer un pouco máis duns seres, os extremófilos, que son quen de desenvolverse en habitáts que serían un inferno para o resto de seres vivos.Podemos clasificalos segundo as súas preferencias para vivir:

*  Termófilos: soportan temperaturas superiores a 80ºC. (Augas termais)

* Psicrófilos: poden vivir a temperaturas inferiores  a 0ºC. (En túneles  de Alaska)

* Halófilos: adoran a sal. (Deserto de Atacama, xacementos petrolíferos)

* Acidófilos: son quen de vivir inmersos en ácidos fortes. (Río Tinto Huelva).

* Alcalófilos: merendan lixivia. (lagos de sosa de Egipto)

* Radiófilos: viven en entornos radiactivos (atopáronse nas paredes da central nuclear de Chernobil).

* Barófilos: viven a grandes profundidades soportando presións esmagantes.

* Endolíticos: en solos profundos, incluso no medio de rochas.

* Xerófilos: en lugares cunha humidade prácticamente nula…

Despois desto parece que as condicións para acoller vida son moito máis amplas do que se pensaba e non resulta estraño pensar que exista vida extraterrestre, pero …. temos dereito a gastar tanto para tentar atopala?.

Pero o home non só queda abraiado pola capacidade adaptativa destes seres, senón que aprendeu a sacarlle proveito pois son fontes de enzimas que non se desnaturalizan e que se aplican, por exemplo na curtume do coiro, na técnica PCR, protectores gástricos, deterxentes, explotación xacementos petrolíferos, na extracción de minerais, na obtención de sangue artificial, biorremediación 

Na actualidade, ademáis de usalos como fonte de biocatalizadores, son uns doadores excelentes de xenes para facer organismos recombinantes.

 

SÍNDROME GALILEO

Einstein con LemaîtreBaixo esta denominación agáchase o temor a que a relixión interfira coa autonomía da ciencia. Albert Einstein sofriu o Síndrome de Galileo pois houbo un sacerdote e astrofísico  belga, George Lemaître (1894-1966), que foi quen de rexeitar as teorías do xenio alemán.

Insatisfeito có universo estático de Einstein, en 1931 propuxo a idea de que o Universo se orixinou nunha grande explosión dun “átomo primixenio”, o que hoxe se denomina Big Bang e, ademáis, consegue dar unha explicación teórica ó universo en expansión.

A Einstein esta teoría recordáballe demasiado a da orixe da creación . Un universo que ten unha historia e que comeza nun momento singular parece aproximarse demasiado á idea da creación de Deus. O simple feito de ver un sacerdote católico meténdose en cuestións científicas parecía suxerir intromisión dos eclesiásticos en terreo alleo, e se este sacerdote propuña, ademáis, que o universo tiña unha orixe histórica, a presunta intromisión parecía confirmarse. Tratábase dun sacerdote que quería meter na ciencia a creación divina.

Pero os traballos de Lemaître eran serios (era doutor en física e matemáticas), os seus cálculos eran contundentes e, finalmente, todos os científicos, Einstein incluído, recoñecérono e déronlle todo tipo de honras.

Morre en Lovaina pouco despois do descubrimento da radiación de fondo de microondas, a proba definitiva da súa teoría.

Lemaître xamais intentou explotar a ciencia no beneficio da relixión. Estaba convencido de que ciencia e relixión son camiños distintos e complementarios que conflúen nun mesmo destiño, a verdade.

 

PROXECTO ÓPERA: UNHA UTOPÍA ALIMENTADA POR UN EXPERIMENTO ALUCINANTE

imagenNeste primeiro tema da asignatura de Ciencias para o Mundo Contemporáneo falamos do método científico como a ferramenta que empregan os científicos para explicar un fenómeno determinado. Cando o experimentado cadra coa hipótese pódese enunciar unha teoría. Pero a vida dunha teoría depende de que aparezan ou non novas experiencias que acaben por refutala.

En 1905, Einstein enunciou a súa teoría da relatividade y demostrou que nada podía sobrepasar a velocidade da luz no vacío. A pesares disto, un século despois, e tres anos de medicións de alta precisión e complexas análises, o experimento Ópera acadou uns resultados inesperados.

Segundo os investigadores, os neutrinos tardaron unha pequena pero signficativa cantidade de tempo menos cá luz en percorrer un traxecto entre o CERN de Ginebra e o laboratorio Gran Sasso en Italia separados 730 Km.

Os neutrinos son as partículas máis humildes que existen na natureza, son como fantasmas irrelevantes, sen carga, prácticamente sen masa, non interaccionan con nada pero están en todas partes e poden atravesar ata os materiais máis densos. Prodúcense por trillóns nas reaccións nucleares que se producen nas estrelas e tamén se poden crear nos reactores nucleares.

Segundo a teoría da relatividade, ó achegarse a velocidade da luz o tempo pasa moi despacio. De confirmarse este experimento e coa tecnoloxía axeitada (hoxe en día non temos tecnoloxía para acadar a velocidade de 300.000 Km/s), en teoría poderíamos viaxar no tempo e enviar información ó pasado. ¡O futuro xa existiría!

Pode que ó final nada poida verificar os resultados e que todo se deba a un erro, pero, o que está claro é que a ciencia interesa, fascina, está máis viva ca nunca.

 

NANOINMORTALIDADE

imagenHoxe en día coñécense moitas das causas que desencadean enfermidades. Algunhas delas débense a mutacións no ADN que se producen no momento da replicación previo á división celular das nosas células. Trátase de erros que producen copias defectuosas. Sabemos que a acumulación destes erros desencadea o envellecemento dos organismos. Imaxinemos un nanodispositivo capaz de localizar o ADN defectuoso e eliminalo. Que podería ocorrer? Acadaríase a inmortalidade? Deberian os científicos deixar de investigar por motivos éticos? Sería correcto que este tipo de nano-máquinas só estivesen en mans de certos grupos sociais ou de países desenvolvidos? Pensemos por un intre que a vida media das persoas chegara a 200 anos. Que implicacións sociais poden darse? Sería sostible o modelo económico actual? Cómo evolucionaría a nosa especie?

 

BIOACEIRO

imagenHai moitos  materiais actuais que foron copiados da natureza polo home. Algúns exemplos son o velcro (imita o sistema de suxeición das esporas de moitas plantas), os adhesivos subacuáticos son copias dos sistemas de ancoraxe dos moluscos ás rochas ou cintas adherentes baseadas nas patas dos geckos.Ahora a nanotecnoloxía estudia as posibilidades deste principio para fabricar novos materiais con aplicacións moi variadas. Imos a facer teas de araña por biotecnoloxía. A tea das arañas é un dos materiais máis perfectos que poidamos imaxinar. Extraordinariamente  flexible, elástico e lixeiro, é máis forte que a maioría das fibras actuais e cinco veces superior en resistencia có aceiro. Ademáis, ó ser producido de forma natural é biodegradable e biocompatible. (Dise que se poidésemos facer unha tea de araña con fíos dun centímetro de diámetro, poderíase deter un Boeing 747 en pleno voo do mesmo xeito que unha araña atrapa unha mosca). As arañas en cautividade non producen fíos polo que os científicos tiveron que empregar enxeñaría xenética. Illáronse os xenes involucrados na biosíntese da fibroína (proteína constitutiva dos fíos) e introducíronse en células de cabras. No ano 2000 a empresa canadiense Nexia Biotechnologies consegue obter leite de cabra que contén fibroína. Esta empresa actualmente ten a patente biosteel para fabricar os chalecos antibalas que utiliza o exército americano.. Afortunadamente tamén se pode usar noutras aplicacións non militares como para rexenerar tendóns e ligamentos, fíos de sutura biocompatibles, cintos de seguridade, airbags, papel flexible irrompible, paracaídas,…Spiderman estaría moi contento de poder almorzar un vaso de leite destas cabras recombinantes cando se sentira un pouco frouxo.