AEROXEL: O SÓLIDO MÁIS LIXEIRO DO MUNDO

imagenReferido ao tema de materiais que estamos a tratar, preséntovos un material, o aeroxel ou “fume azul”, que debido as súas excepcionais propiedades pronto formará parte da nosa vida cotiá.

É un sólido de apariencia delicada, translúcida e nubosa, que se elabora a partir de dióxido de silicio (o mesmo material co que se fabrica o vidro) pero no que se substitúe o líquido por aire obtendo unha estrutura esponxosa 1000 veces máis liviá co vidro.

O máis asombroso son as súas propiedades:

- Ó ser poroso ten gran superficie ( 1g de aeroxel equivale a superficie dun campo de fútbol)

- É o sólido con menor densidade coñecido (5mg/cc)

- Excelente illante térmico, acústico e eléctrico.

- Químicamente inerte.

Seguidamente amósovos algunhas das aplicacións actuais dos aeroxeles:

- Illantes: fiestras, neveiras, termos, sacos de durmir, plantillas botas, …

- Industria automovilística: parachoques, pneumáticos, …

- Filtros descontaminantes: eliminar fuel de verquidos no mar.

- Chalecos antibala.

- Raquetas de tenis e paddle.

- A NASA utilízao para capturar partículas de cometas.

- Desalgado de auga marina, ……..


 

Tags: , ,

10 Respostas a “AEROXEL: O SÓLIDO MÁIS LIXEIRO DO MUNDO”

  1. sem.xacobe Dixo:

    A verdade,é que é impresionante este material, tanto, como a tela de araña.Eu non coñecía este material e creo que nos medios de comunicación debian anunciarse para que a xente, sepa máis destes novos materiais, e non, só a basura que hai actualmente na televisión.

  2. sem.cabanelas Dixo:

    Este será un material que no futuro utilizarase moito,xa que é solido é duro e apenas pesa,é un material moi interesante.

  3. sem.angel Dixo:

    E un material moi interesante xa que non deixa pasar o calor , é alliante do frío e do calor.moi importante para os que lles gusta subir a montañas e así non se lle conxelan os pés,tamén illa o son que sería tan importante hoxe en día que hai tanto ruído.este material vai facer unha revolución tan grande coma cando comezaron os plásticos.

  4. sem.carlos Dixo:

    Eu non sabía da existencia deste novo material,que no fondo é tan beneficioso.Xa que hai moi poucos materiais cunha gran capacidade de soportar a calor,e tamén de illar do frío,da humidade…polo que creo que será unha nova revolución en toda a vida da humanidade,polas súas propiedades.

  5. sem.carlosneves Dixo:

    Resulta algo impresionante a cantidade de cousas que ten o aeroxel e as suas propiedades esto e un gran avance.Este material para min era descoñecible pero ahora vexo a cantidade de cousas que pode proporcionar.

  6. sem.david Dixo:

    pareceme un video moi interesante xa que se presenta un material que pode ser moi útil para posibles novos instrumentos que requiren pouco peso xa que este material ten a cualidade de que pesa pouco

  7. sem.alfonso Dixo:

    A min pareceme un proxecto estupendo porque axuda as persoas nun inmeso grupo de actividades e axuda as persoas nas nosas necesidades

  8. sem.anibal Dixo:

    É interesante saber todas estas novidades tecnolóxicas,xa que os seus usos son aplicables a cousas tan comúns na nosa vida que pode que non nos demos de conta de que esten ai.As súas propiedades son totalmente alucinantes.Espero que se poida conseguir moi pronto nos nosos centros de compra a un prezo asequible.

  9. sem.ruben Dixo:

    Este post dame a coñecer un novo material que pode chegar a ser moi revolucionario na vida de cada persona.Vimos que co petróleo fixéronse miles de materiais(en espacial,o plástico);o que supuxo un gran avance na ciencia para fabricar obxectos…Este novo material pode ser moi importante porque é illante do ruído,da calor e da electricidade.En especial,é moi importante para montañeiros;pois non se lles conxelarán os dedos dos pés…

  10. sem.pablo Dixo:

    me parece muy bueno q invente materiales con tales capacidades.seguro q revoluciona el mundo…

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.