O SOL, NACEMENTO E MORTE DUNHA ESTRELA

Entre os miles de millóns de astros que comparten con nos o espazo na Vía Láctea, atópase o Sol, unha estrela amarela de mediano tamaño que naceu e morrerá como tantas outras no Universo.

Mentres, tódalas mañáns aparece polo horizonte e enche de luz e calor o noso planeta. Mais … que coñecemos del?

O seguinte vídeo achéganos á anatomía e o funcionamento do motor da vida na Terra.


 

Tags: , ,

11 Respostas a “O SOL, NACEMENTO E MORTE DUNHA ESTRELA”

  1. sem.alejandro Dixo:

    A verdade e que é impresionante o poder do sol sen chegar a ser unha “estrela importante” no universo. Chámame a atencion que a nosa vida dependa del.

  2. sem.cabido Dixo:

    Chämame moito a atención que poidamos saber a composición e comportamento das capas internas do Sol analizando os espectros de luz que emiten, e que case non poidamos case nin saber a composición do nucleo da terra.

  3. sem.atanes Dixo:

    E un video moi interesante xa que nel aparte de aparecer imaxes espectaculares da nosa estrela tamen se aprenden moitas cousas sobre como son as suas partes. A verdade e que é impresionante que o sol sexa algo tan sumamente importante e que todo o concepto que temos de vida dependa na sua totalidade desta estrela tan importante para nos.

  4. sem.amable Dixo:

    A verdade e que vendo este video un queda impresionado coa pouquiña cousa que somos. A verdade e que parece imposible que coñezamos tanto sobre o sol, unha estrela que esta tan alonxada de nós, e que sepamos esas cousas sen estar ali mesmo,e non coñezcamos nin o planeta no que vivimos.
    A escala humana parece impercetible que transcorra tanto tempo en formarse o sistema solar, e despois aínda comprimirse toda esa materia e formar os planetas e mailo Sol. Algo que chamou moita a atención foi o do tamaño das burbullas que se producen na codia solar, e mailos dos campos magnéticos, e os tornados que se producen nos polos do Sol, e o que máis me impresionou de todo isto foi o de que o Sol cambia cada 11 anos a polaridade dos seus polos, sen deixarmos atrás o do vento solar que produce as auroras que nos deixan asombrados coas suas fermosas cores.
    Estas son as poucas palabras que me sairon para explicar algo que me supera por moito, e o unico metodo de intentar sabelo e por medio da imaxinación.

  5. sem.cota Dixo:

    para min este post está moi ben xa que eu non sabía que o sol tiña manchas naranxas que aveces se ven , tampouco sabia que se convertiria nunha xigante vermella nin nunha enana blanca e ten erupcións de volcans (coma una arco grande ) e este video mostroumo

  6. sem.cesar Dixo:

    Moi interesante este video, a verdade e que este video servenos pra coñecer mellor esta gran estrela como é o sol.Creo que deberia velo todo o mundo pra coñecer realmente como é esta estrela.

  7. sem.fernando Dixo:

    É interesante como una cousa tan normal no universo sexa tan relevante para a vida de moitas especies e estructuras que hai no espazo.
    Tamém e importante ter tantos datos coma sexa posible, sobre un tema que nos influe moito.

  8. sem.josecarlos Dixo:

    o video esta moi entretido , a verdade e q eu estou conforme con todo o que se di nel .
    o primeiro e a impresionante forma q ten o sol, que esta formado por unha masa de hidroxeno e q cando se esgota vai formando outra dimension e convertese nunha anana blanca e logo nun burato negro e iso e o que mais me sorprendeu deste video

  9. sem.togni Dixo:

    este video pareceume moi interesante porque ainda non me dera de conta da cantidade de enerxia que estamos a empregar que e provinte do sol e da que poderiamos xerar se souperamos onde encerrala

  10. sem.dylan Dixo:

    Creo que o video danos moita informacion e moi interesantes pero supoño que non e completo de todo por iso tamen recomendaria intertar buscar mais e seguir investigando, tamen me gustaria saber o que lle pasa ós planetas cando se apaga de todo a estrela. O que mais me gustou foron as fotos das irradiacions solares e as auroras boreais son impresionantes… un video moi bonito e que resume moi ben todo o que estudamos con respeto ao sol.

  11. sem.german Dixo:

    O vídeo é moi argumentativo, e é increíble a cantidade de cousas que se poden averiguar dun corpo que se atopa a oito minutos luz da terra. E hai tamén, cousas extrañas, como que haxa partes frías no sol.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.