BIOACEIRO

imagenHai moitos  materiais actuais que foron copiados da natureza polo home. Algúns exemplos son o velcro (imita o sistema de suxeición das esporas de moitas plantas), os adhesivos subacuáticos son copias dos sistemas de ancoraxe dos moluscos ás rochas ou cintas adherentes baseadas nas patas dos geckos.Ahora a nanotecnoloxía estudia as posibilidades deste principio para fabricar novos materiais con aplicacións moi variadas. Imos a facer teas de araña por biotecnoloxía. A tea das arañas é un dos materiais máis perfectos que poidamos imaxinar. Extraordinariamente  flexible, elástico e lixeiro, é máis forte que a maioría das fibras actuais e cinco veces superior en resistencia có aceiro. Ademáis, ó ser producido de forma natural é biodegradable e biocompatible. (Dise que se poidésemos facer unha tea de araña con fíos dun centímetro de diámetro, poderíase deter un Boeing 747 en pleno voo do mesmo xeito que unha araña atrapa unha mosca). As arañas en cautividade non producen fíos polo que os científicos tiveron que empregar enxeñaría xenética. Illáronse os xenes involucrados na biosíntese da fibroína (proteína constitutiva dos fíos) e introducíronse en células de cabras. No ano 2000 a empresa canadiense Nexia Biotechnologies consegue obter leite de cabra que contén fibroína. Esta empresa actualmente ten a patente biosteel para fabricar os chalecos antibalas que utiliza o exército americano.. Afortunadamente tamén se pode usar noutras aplicacións non militares como para rexenerar tendóns e ligamentos, fíos de sutura biocompatibles, cintos de seguridade, airbags, papel flexible irrompible, paracaídas,…Spiderman estaría moi contento de poder almorzar un vaso de leite destas cabras recombinantes cando se sentira un pouco frouxo.

 

Tags: , ,

9 Respostas a “BIOACEIRO”

  1. sem.cabido Dixo:

    Parece increíble que un animal que da tanto “repelus” como as arañas sexa obecto de investigación; e que se obteña as proteinas dos seus fios do leite das cabras.

  2. sem.atanes Dixo:

    O ser humano sen o medio que o rodea non seria capaz de sobrevivir. Na actualidade intentamos imitar de xeito artificial o que fan alguns animales é antigamente aprobeitabamonos destes animais e dos productos da natureza.Por outro lado isto de copiar cousas das natureza pareceme moi interasante xa que nos pode axudar moito e facer a vida mai comoda.

  3. sem.cota Dixo:

    este post e moi interesante xa que mostranos como moitos dos materiais que antes non os tiñan os nosos antepasados e ahora xa os hay.
    Tamén e moi ineresante ver como as arañas fabrican unha tela moi resistente e como se utiliza para moitos materiais novos

  4. sem.dylan Dixo:

    Creo que estes temas todavía nn están nin no seu un por cen de capacidade de explotación xa que cando vemos algunha película destas futuristas( véxase “yo robot” ou moitas mais)podemos apreciar cousas que todavía non temos pero que creo que sin duda, esprimindo un pouco a capacidade dos nosos científicos podrems alcanzar pronto (véxanse os avances en informática dos últimos 15 anos).

  5. sem.amable Dixo:

    Pareceume muy interesante o do experimento coa cabra en EEUU, e que agora grazas a esa leite fabrican chalecos para os militares estadounidenses, e algo tamén extraordinario e que se poda rexenerar tendóns e ligamentos.

  6. sem.cesar Dixo:

    Post muy interesante a verdade e que estos novos materiais son muy ventaxosos e ofrecen moitas comodidades para a as necesidades das persoas no día a día.Esto vai supor un gran adianto a hora de realizar diversos traballos xa que serán muy practicos e fáciles de manexar.

  7. sem.josecarlos Dixo:

    Pareceme interesante este tema do bioaceiro xa que e incrible que para lograr isto fai falta sacarlle as cabras un xen de entre 70000 e substituilo por outro de araña e que este material sexa cinco veces mais duro que o aceiro e impresionante .

  8. sem.alejandro Dixo:

    Esto post é unha demostración máis de que o home depende da natureza e do medio que o rodea xq gran parte das nosas comodidades, da nosa vida diaria e dos elementos que nos rodean proceden ou están inspirados na natureza.

  9. sem.german Dixo:

    Penso que isto é un exemplo do que nos queda por descubrir do noso propio entorno. Quen iba a pensar que algo tan fino e aparentemente débil como o é unha tea de araña puidese ter tantas aplicacións na sociedade que actualmente está “tan desenvolvida”?

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.