NANOINMORTALIDADE

imagenHoxe en día coñécense moitas das causas que desencadean enfermidades. Algunhas delas débense a mutacións no ADN que se producen no momento da replicación previo á división celular das nosas células. Trátase de erros que producen copias defectuosas. Sabemos que a acumulación destes erros desencadea o envellecemento dos organismos. Imaxinemos un nanodispositivo capaz de localizar o ADN defectuoso e eliminalo. Que podería ocorrer? Acadaríase a inmortalidade? Deberian os científicos deixar de investigar por motivos éticos? Sería correcto que este tipo de nano-máquinas só estivesen en mans de certos grupos sociais ou de países desenvolvidos? Pensemos por un intre que a vida media das persoas chegara a 200 anos. Que implicacións sociais poden darse? Sería sostible o modelo económico actual? Cómo evolucionaría a nosa especie?

 

Tags:

8 Respostas a “NANOINMORTALIDADE”

  1. sem.cesar Dixo:

    Creo que estas investigacións deberían ser óptativas só para aquelas persoas que desexaran coñecer o seu ADN defectuoso.

  2. sem.fernando Dixo:

    Eu creo que se debería investigar neste tipo de tecnoloxía ainda que o de non envexecer chocaría coa ética pero estaría moi ben para por exemplo correxir malformacións do ADN.

  3. sem.josecarlos Dixo:

    Pareceme un artigo moi curioso e interesante sempre tiven dubidas deste tema a tratar e agora solucionoume algunhas das miñas dudas. Eu pense que algun dias poderemos acadar a inmortalidade.As investigacions non andan moi lonxe de acadar respostas a este interrogante.

  4. sem.amable Dixo:

    Pareceme interante esto dos nanodispositivos. Grazas a eles poderiamos coñecer a os nosos tataranetos e os seus fillos deica logo.Todo o que sexa beneficioso para a vida pareceme interesante.

  5. sem.alejandro Dixo:

    personalmente paréceme unha cuestión bastante complicada xa que ainda que chegar a inmortalidade sería algo case imposible si que sería algo moi bo para o tratamento de enfermidades xénicas, no campo dunha suposta inmortalidade esta claro que sería lgo inviable tanto demograficamente como economicamente xa que incluso na actualidade estamos pagando en parte os excesos dunha superpoboación

  6. sem.atanes Dixo:

    Estaría ben esto pero pareceme que traería tras de si moitos problemas éticos.Por esta razón so o terían que probar aquelas personas que queiran e que estean dispostas a probar cousas novas na sua vida.Seria un gran abance no mundo da cienza.

  7. sem.cabido Dixo:

    Se isto chega a dominarse vai estar en mans dos ricos porque será excesivamente caro pero pareceme algo absurdo alcanzar a inmortalidade pero ainda que non sexa alcanzar a “inmortalidade” podería ser un avance para a loita contra as enfermidades xenéticas ou enfermidades como o cancro

  8. sem.cesar Dixo:

    Realmente se estes estudos sobre o código xenético se levan a cabo isto supondrá un gran avance para a medicina,xa que podrán curar enfermidades a tempo e como consecuencia proporcionar unha mellor calidade de vida para as persoas.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.