VIDA EXTREMA

fumarola volcánica

 

Neste novo tema que fala dos piares da vida invítovos a coñecer un pouco máis duns seres, os extremófilos, que son quen de desenvolverse en habitáts que serían un inferno para o resto de seres vivos.Podemos clasificalos segundo as súas preferencias para vivir:

*  Termófilos: soportan temperaturas superiores a 80ºC. (Augas termais)

* Psicrófilos: poden vivir a temperaturas inferiores  a 0ºC. (En túneles  de Alaska)

* Halófilos: adoran a sal. (Deserto de Atacama, xacementos petrolíferos)

* Acidófilos: son quen de vivir inmersos en ácidos fortes. (Río Tinto Huelva).

* Alcalófilos: merendan lixivia. (lagos de sosa de Egipto)

* Radiófilos: viven en entornos radiactivos (atopáronse nas paredes da central nuclear de Chernobil).

* Barófilos: viven a grandes profundidades soportando presións esmagantes.

* Endolíticos: en solos profundos, incluso no medio de rochas.

* Xerófilos: en lugares cunha humidade prácticamente nula…

Despois desto parece que as condicións para acoller vida son moito máis amplas do que se pensaba e non resulta estraño pensar que exista vida extraterrestre, pero …. temos dereito a gastar tanto para tentar atopala?.

Pero o home non só queda abraiado pola capacidade adaptativa destes seres, senón que aprendeu a sacarlle proveito pois son fontes de enzimas que non se desnaturalizan e que se aplican, por exemplo na curtume do coiro, na técnica PCR, protectores gástricos, deterxentes, explotación xacementos petrolíferos, na extracción de minerais, na obtención de sangue artificial, biorremediación 

Na actualidade, ademáis de usalos como fonte de biocatalizadores, son uns doadores excelentes de xenes para facer organismos recombinantes.

 

Tags: , ,

11 Respostas a “VIDA EXTREMA”

  1. carlossuarez Dixo:

    Me parece impresionante que seres aparentemente simples puedan soportar condiciones externas tan adversas como lo hacen los extremófilos. Como dice el post, es impresionante las numerosas situaciones en las que podrían vivir, cosa que para otros seres seria impensable.

    Esto también puede generar otras preguntas como,¿De donde provienen los extremófilos?¿Podrían ser de origen extraterrestre?, seguramente nunca se sepa, lo que si está claro es que la vida en la Tierra puede provenir de estos seres.

  2. ivanpena Dixo:

    Antes de ler este artigo pensaba que todo o tema referido a extraterrestres que eran contos pero despois disto faime pensar que fai moitos anos cando non habia “nada” podian existir estes super seres, os extremófilos que soportaban todalas condicións e dos que supuestamente evolucionamos.

  3. parada Dixo:

    Grazas a este post puidenme parar a pensar e saquei a conclusión de que a vida noutros planetas existe,e si existen bacterias noutros planetas podríase dar o caso do “noso planeta” e as bacterias podrían evolucionar como evolucionaron na Terra e formar seres como os humanos ou distintas especies de animais.

  4. rogelio Dixo:

    Esto me hace pensar que los seres humanos no son los dueños de la tierra sino que estas aquí gracias a las bacterias y acabara su vida cuando las bacterias quieran porque viendo donde pueden vivir y lo que resisten… Los humanos se extinguirán y las bacterias seguirán en la tierra durante mucho más y alomejor algún día evolucionarán en seres como los seres humanos o parecidos.

  5. paradela Dixo:

    En este post lo que mas me ha impresionado es que realmente existe vida mas haya de los humanos. ¿Porque nosotros no somos así como estas bacterias? es la pregunta que me gustaría que la resuelvan dentro de muchos años o tal vez, esto sea imposible quien sabe.
    También me ha gustado mucho los tipos de bacterias que hay, es un mundo muy diferente al nuestro.

  6. angel Dixo:

    Estas bacterias aumentan nuestra esperanza de encontrar vida extraterrestre dado su resistencia a factores medioambientales que para nosotros serían insoportables.

    Esto también nos recuerda lo poco que pintamos en el universo, y estos pequeños seres que ni siquiera vemos son más importantes que nosotros mientras que a veces nos creemos los amos del Todo.

  7. parada Dixo:

    Respecto o comentario de Angel penso que si que pintamos moito no universo xa que somos(de momento)os únicos que nos preocupamos do pasado e do futuro e tamén somos os únicos racionais que sabemos o que facemos

  8. boan Dixo:

    Este tipo de seres permítennos saber que pode haber vida máis alá do noso planeta,isto querenos dicir que non seríamos os únicos habitantes do universo.
    A pregunta que se nos plantea,non sabría que dicir porque por unha parte está ben saber se aí máis vida ca nós;pero por outro lado estamos nuha grave situación económica como para gastar tanto diñeiro.

  9. alberte Dixo:

    As bacterias son algo excepcional quedas abraiado nas condicións que estas poden vivir,pero a verdade é que na Terra xa se poden encontrar moitas condicións extremas diferentes,así que poderemos encontrar vida distinta a da Terra? gustaríame sabelo e de que fose así oxalá fose vida intelixente.

  10. brian Dixo:

    Claramente, o comezo do universo non cabe extrañar que estes seres máis extremófilos, foran os primeiros en habitar este planeta.
    Pero como para nos todo é “moi fácil” non nos paramos a pensar do que ten que ser a vida neses lugares pero para eses seres ten que ser unha vida retenida na que solo valen unha serie de condición esenciais que necesitan para poder vivir e reproducirse.

  11. cortes Dixo:

    As bacterias como xa comentáramos, posiblemente serán os únicos seres vivos que non se extingan. Debido a que como di este post poden soportar temperaturas que para outros seres vivos son un inferno. A parte a intelixencia do home sabe sacarlle proveito a estes seres para o noso beneficio.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.