SÍNDROME GALILEO

Einstein con LemaîtreBaixo esta denominación agáchase o temor a que a relixión interfira coa autonomía da ciencia. Albert Einstein sofriu o Síndrome de Galileo pois houbo un sacerdote e astrofísico  belga, George Lemaître (1894-1966), que foi quen de rexeitar as teorías do xenio alemán.

Insatisfeito có universo estático de Einstein, en 1931 propuxo a idea de que o Universo se orixinou nunha grande explosión dun “átomo primixenio”, o que hoxe se denomina Big Bang e, ademáis, consegue dar unha explicación teórica ó universo en expansión.

A Einstein esta teoría recordáballe demasiado a da orixe da creación . Un universo que ten unha historia e que comeza nun momento singular parece aproximarse demasiado á idea da creación de Deus. O simple feito de ver un sacerdote católico meténdose en cuestións científicas parecía suxerir intromisión dos eclesiásticos en terreo alleo, e se este sacerdote propuña, ademáis, que o universo tiña unha orixe histórica, a presunta intromisión parecía confirmarse. Tratábase dun sacerdote que quería meter na ciencia a creación divina.

Pero os traballos de Lemaître eran serios (era doutor en física e matemáticas), os seus cálculos eran contundentes e, finalmente, todos os científicos, Einstein incluído, recoñecérono e déronlle todo tipo de honras.

Morre en Lovaina pouco despois do descubrimento da radiación de fondo de microondas, a proba definitiva da súa teoría.

Lemaître xamais intentou explotar a ciencia no beneficio da relixión. Estaba convencido de que ciencia e relixión son camiños distintos e complementarios que conflúen nun mesmo destiño, a verdade.

 

Tags: , ,

10 Respostas a “SÍNDROME GALILEO”

  1. ivanpena Dixo:

    Penso que este é un claro exemplo de que a relixión e a ciencia son compatibles e como un “simple” sacerdote foi capaz de plantarlle cara a teoria do universo estático do gran Einstein.

  2. alberte Dixo:

    Isto é algo excepcional Lemaitre foi un home moi valente que a pesar do que cria Einstein que é un dos maiores xenios no ámbito da física atreveuse a contradecirlle, algo que lóxicamente nesa época era algo impensable,algo impensable nesa época como o que fixo Galileo que contradeciu a Aristóteles, pero Lemaitre era sacerdote esto aínda faille máis especial e a relixión e a ciencia estuvo enfrentada durante a historia

  3. boan Dixo:

    Esto é un exemplo de que a ciencia e a relixión estan máis próximas do que se cree posto que as dúas buscan as respostas das preguntas que máis preocupa a todo o mundo. Isto índicanos que ata os máis grandes da ciencia se poden equivocar

  4. brian Dixo:

    Claramente é un tema importante o que Lemaitre foi capaz de decir e de facer sendo un “simple sacerdote” pois compatibilizou relixión-ciencia. Esta teoría claramente deixa claro a grandeza intelectual deste sacerdote

  5. parada Dixo:

    Si puxeran esta entrada fai unhos séculos salvaríanse miles de vidas porque se ve que pode existir unha relación entre ciencia e relixión.

  6. cortes Dixo:

    Ten moito mérito e valor que un sacerdote se meta no camiño da ciencia, e aínda máis rexeitar as teorías Albert Einstein. Pero todo sacrificio e riesgo ten o seu beneficio.

  7. carlossuarez Dixo:

    Me parece que Lemaître fue un gran defensor de que la ciencia y la religión no son contrarias, como dicen muchas personas, si no que son complementarias, ya que buscan las mismas respuestas, y las respuestas que no es capaz de resolver la ciencia, la religión las explica de forma espiritual.

  8. rogelio Dixo:

    Yo creo que este es un claro ejemplo de que la ciencia y la religión están íntegramente unidas. Aunque Lemaître tuvo una gran valentía para enfrentarse a uno de los mayores científicos de aqella epoca.

  9. angel Dixo:

    Parece que por muy genio que uno sea siempre hay una probabilidad de que nos equivoquemos, y seguramente habrá alguien para corregirnos y como dice el refrán: El sabio puede cambiar su opinión errónea, el necio jamás. esto fue un poco lo que le paso a einstein, no admitía la teoría de Lemaître hasta que fue una estupidez seguir negándola…

  10. cristianpg Dixo:

    A min pareceme que a ciencia e a relixion son moi compatibles, xa que o longo da historia moitos sacerdotes e persoas relixiosas fixeron grandes avances na ciencia e os cientificos deronlle a razon.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.