BIODIVERSIDADE FORESTAL NO SEMINARIO

Aproveitando que o día 21 de Marzo foi o día forestal mundial, na entrada de hoxe imos a falar da biodiversidade forestal e da importancia da súa imagenconservación.

Debemos coidar as árbores pois realizan importantes funcións na natureza e son fonte de múltiples recursos:

- Regulan o ciclo da auga e o clima.

- Protexen o solo, a fauna, a flora, fixan o dióxido de carbono.

- Producen osíxeno, madeira, froitos, resinas, setas,….

- Función recreativa.

No entorno privilexiado no que se ubica o noso centro atópanse máis de cincuenta especies distintas de árbores. Propóñovos unha lista na que aparecen algunhas das máis fáciles de identificar e que debedes de localizar e elaborar un post (unha árbore por alumno).

 

Listado: Pinus pinaster, Castanea sativa, Quercus ilex, Quercus suber, Quercus robur, Quercus pyrenaica, Acer pseudoplatanus, Bétula celtibérica, Arbutus unedo, Robinia pseudoacacia, Magnolia denudata, Magnolia grandiflora, Eucaliptus glóbulus, Phoenix canariensis, Sálix babilónica, Alnus glutinosa, Tilia platyphylla,...

 

Tags:

2 Respostas a “BIODIVERSIDADE FORESTAL NO SEMINARIO”

  1. sem.alfonso Dixo:

    A min pareceme unha idea estupenda o de coidar os nosos bosques e sobretodo os galegos que hai unha gran diversidade de árbores e plantas porque dentro de unhes cantos anos os nosos netos van a ver unha árbore por fotos e postais.

  2. parada Dixo:

    Vendo post doutros anos este fixome parar a pensar sobre todo o que nos dan os bosques pero nestes tempos os incendios fai que a nosa terra perda vitalidade e queden os montes desfeitos.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.