FRANCISCO AYALA RECIBE O “OSCAR” DA CIENCIA

O próximo 4 de maio o cientifico español Francisco Ayala Carcedo recibirá o premio Templeton que se outorga anualmente a aquelas persoas que tenden pontes entre ciencia e relixión e que pasa  por ser o de maior dotación económica do mundo (1.200.000 euros).

imagenEste xenetista e biólogo molecular é un dos científicos e divulgadores máis prestixiosos en activo do mundo. Nace en Madrid en 1934, estudia en Salamanca e en 1960 ordéase sacerdote. En 1961 desprázase a Estados Unidos (sen saber nada de inglés) e doctorase por varias universidades americanas. Foi asesor de Bill Clinton e George Bush e actualmente traballa na erradicación de enfermidades endémicas sudamericanas como a malaria e o mal de Chagas.

Ayala e tamén un estudioso da evolución e afirma que “Deus puido crear, pero o estado actual do mundo non é cousa súa, senón da natureza”

Invítovos a que leades a biografía de Francisco Ayala e que expresedes a vosa idea sobre Creacionismo, Diseño intelixente, Evolución, …..

 

Tags: ,

4 Respostas a “FRANCISCO AYALA RECIBE O “OSCAR” DA CIENCIA”

  1. sem.carlos Dixo:

    Paréceme moi interesante que na actualidade se mostre este trazo da Igrexa-Ciencia,porque en moitos sectores pénsase que estes dous campos son incompatibles.Na miña opinión creo que estes dous campos son complementarios,xa que a ciencia expresa de forma teórica o que acontece na natureza,non ofrece nada novo;mentras que a fe explica todo o que non se pode demostrar mediante a ciencia.
    Para min o creaccionismo é propio de persoas con gran carencia de estudios,porque os libros do Antigo Testamento son mitolóxicos,na súa maioría,e así se deben interpretar;como libros de fe,e non como científicos.

  2. sem.carlosneves Dixo:

    Pareceme moi ben que se recoñeza o traballo da nosa xente xa que eso a outra xente que veña detrás para que sigan loitando por conseguir un mundo mellor.

  3. sem.angel Dixo:

    paréceme moi ben que a xente que ten calidades para algo como este home sexa premiada polo seu trabello.quizais algun día algún cerebrito destes nos poida decir verdadeiramente de onde vimos e cara onde imos.

  4. feijoo Dixo:

    É xenial que se recoñeza o traballo da xente,e aínda máis se leva diñeiro consigo pra as súas investigacións.É increíble que se fora a Estados Unidos sen ter nin idea de Inglés,se doctore en vaias universidades e acabe gañando un Oscr.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.