SEN RECURSOS PESQUEIROS NO 2050

No tema de recursos naturais no que nos atopamos, falamos da pesca como recurso renovable de orixe biolóxica. Pero a crecente perda de biodiversidade nos océanos pon en perigo a supervivencia das especies que se pescan actualmente ata o punto que poderían desaparecer para mediados do século XXI segundo datos aparecidos na revista Science.

imagen

A perda de biodiversidade está provocando, cada vez máis, a rotura das cadeas e redes tróficas e a capacidade dos océanos de proporcionar comida, manter a calidade da auga e recuperarse das perturbacións.

A esperanza que nos queda é que esta tendenza pode ser reversible, aínda que a humanidade non lle queda moito tempo para reaccionar xa que, se non pomos remedio, as especies mariñas salvaxes que se capturan hoxe en día serán obxectos de museo dentro de corenta anos.

 

 

Agardo os vosos comentarios indicando cales son as causa da perda de biodiversidade así como medidas para atallar o problema.

 

 

Tags: , ,

4 Respostas a “SEN RECURSOS PESQUEIROS NO 2050”

  1. sem.carlos Dixo:

    As principais causas da perda de biodiversidade son a sobreexplotación dos recursos mariños,xa que na actualidade os pescadores pescan grandes cantidades de peixe sen importarlle o tamallo,polo que en moitos casos capturan as crias e no futuro non poderán deixar descendendencia,polo que o número de peixes vese mermado.E algunha posible solución sería un maior control,por parte das autoridades,no número de capturas e no control do tamaño destas.

  2. sem.ruben Dixo:

    Un dos problemas que presenta a biodiversidade no mar e a grn captura de peixes.Estes son capturados polos pesqueiros,que o fan sen importarlle o tamaño destes e sen importarlle a cantidade.Para eles canta mais cantidade mais cobran…por iso se di que se estan a esgotar os recursos pesqueiros.Sen embargo,segue habendo campañas de FROM para que nn se pesquen tamaños minimos e asi os peixes poidan deixar descendencia.

  3. sem.angel Dixo:

    Verdadeiramente a perda da biodiversidade é un problema en tódolos ámbitos non so na pesca.Na pesca os recursos do mar son sobreexplotados ,péscanse sen que cumpran o tempo preciso, a contaminación … todo fai que as especies mariñas acaben estinguindose,despoi imos ter que ver os peixes so nun acuario.

  4. sem.xacobe Dixo:

    A verdade,e que é improsionante que os recursos mariños estesen a esgotar, xa que parecíame imposible que co inmenso que son os mares, e que o ser humano estemos a acabar con eles.Isto é o reflexo do mal aproveitamento e da sobreexplotación que produce o ser humano,e o peor,(se seguimos así)e que tamen se acabaran os recursos terrestres.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.