O OURO NEGRO GALEGO

Referido ao tema de recursos naturais no que nos atopamos, propóñovos un pouco de historia bélica, estraperlismo na raia, maquis e aventura.

O wolframio é un mineral metálico escaso,  que tivo un gran valor estratéxico na segunda guerra mundial debido a que posúe a temperatura de fusión máis elevada de tódolos metais. Esta propiedade permítelle endurecer o aceiro e facer proxectís con elevada capacidade de penetración.

A xeografía de Galicia está tapizada de minas abertas naquela época nas que os nazis da Alemaña, os ingleses e os americanos loitaban por extraer o mineral.

Actualmente algúns xacementos volven a ser rendibles debido a utilización do metal en aliaxes para facer ferramentas de corte e perforación.

A imaxe seguinte é de wolframita, mineral do que se extrae o wolframio.

imagen

Se coñecedes historias sobre a explotación do wolfram (localización de minas, testimonios de traballadores, presos que redimiron penas extraendo metal,…..) agradecemos a vosa colaboración.

 

Tags: ,

2 Respostas a “O OURO NEGRO GALEGO”

  1. sem.ruben Dixo:

    Foi descuberto en 1783 polos irmans españois Xoan Xose e Fausto de Elhuyar que lograron reducir o acido,que Scheele descubrira en 1781,para reducir a scheelita.Ainda hoxe existen restos de minas explatadas en Faramontaos… (Ourense).Os homes que traballaban nesas minas cobraban,o que hoxe son en euros,uns 2.000 €.Era un traballo moi duro e costoso,pois inalabas cantidade de substancias…..

  2. sem.angel Dixo:

    So sei que na miña zona creo que había unha na zona de Escudeiros ( Ramirás) e tamén na zona do meu pai en lobios a mina das sombras de rio Caldo.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.