0101 vs ATCG

imagenEstamos a tratar un tema de xenética no que se nos amosan as vantaxes e os inconvintes que supón os avances no coñecemento do DNA e a súa manipulación. O DNA é, na natureza, unha portentosa base de datos prácticamente inalterable que pode manterse durante milenios baixo uns mínimos coidados. (Por exemplo, na actualidades púidose reconstruir o xenoma do neandertal)

Recentemente o IEB (Instituto Europeo Bioinformático) publicou un artigo na revista Nature no que expón o inmenso potencial que ten o DNA como soporte de almacenamento de información (textos, fotos, sons), o que poderíamos chamar “almacenamento molecular” pois calquera informe que esté nun disco duro podería almacenarse en DNA. Esta tecnoloxía xa foi probada en Xapón, na universidade de Keio na que foron quen de almacenar a frase “e=mc2 1905″ no DNA dunha bacteria. Investigadores do laboratorio europeo de bioloxía molecular (EMBC) en Alemaña conseguiron gardar en menos dun gramo de DNA sintético 26 segundos do famoso discurso de M. Luther King “Eu teño un soño”, unha fotografía do histórico artígo de Crick e Watson sobre a estrutura do DNA e todos (154) os sonetos de Shakespeare.

Este almacenamento molecular supón conservar inxentes cantidades de información (O DNA de E. Coli pode codificar e almacenaer 450 discos duros de dous terabytes), sen necesidade de electricidade nin mantemento constante (basta un lugar seco, fresco e escuro). Grazas a universalidad do ácido nucleico, nunca terá que enfrontarse a problemas de compatibilidad con versións anteriores (poderíase gardar a cerimonia da voda para doarlla aos netos sen ter que preocuparse ano a ano de ir regrabando as imaxes orixinais en novos formatos). Ademáis a súa conservación e transporte  é doadao. (Imaxinade o que sería poder ter codificada a Biblioteca de Alexandría!!!).

O paso seguinte é perfeccionar o sistema de codificación e explorar os aspectos prácticos para un modelo de almacenamento de información dixital en DNA que sexa comercialmente viable (actualmente o proceso é caro e so sería rendible para gardar información moi valiosa como por exemplo, a localización dos almacéns de residuos nucleares).

Por último, e como reflexión persoal, penso que o ser humano debería manexar menos datos e tecnoloxía e máis humanidade. Máis amor será preciso se queremos sobrevivir á tecnoloxía.

 

Tags: ,

7 Respostas a “0101 vs ATCG”

  1. jmrodriguez Dixo:

    Na miña opinión estes investigadores que se poñen a xogar introducindo frases nun código xenético deberían intentar a partir diso crear unha célula eucariota porque os científicos solo conseguiron crear virus.

  2. agustin Dixo:

    O codigo do ADN é moi curioso porque coa combinación de tan só catro letras a natureza é capaz de crear a calquera individuo, a min esto pareceme asombroso.

  3. pumares Dixo:

    Eu penso que o ser humano tense que centrar en resolver os problemas que hay nos paises pobres ou nos que a muller é inferior e deixarse de buscar este tipo de cousas. O primeiro é a humanidade, cando isto se consiga xa se investigara para mellorar a tecnoloxía.

  4. bsbarja Dixo:

    Me parece algo sorprendente el poder usar el DNA como memoria para fotos, videos… pienso que es algo que se debe investigar en profundidad ya que podría dar avances muy importantes en tecnlogía

  5. kevin Dixo:

    A xenética é unha ciencia na que quedan moitas cousas por descubrir xa que somos capaces de saber como é o adn grazas ao proxecto xenoma humano pero non somos capaces de saber para que serve cada cromosoma nin a súa estructua. Quédanos moito por descubrir

  6. conde Dixo:

    Eu penso que hai problemas máis graves que solucionar que andar buscando cousas destas.Estes cientificos tiñan que buscar a solución na creación de alimenos que poideran nacer sen auga que foran resitentes as sequías..
    Esto si que sería unhagran revolución en todo o mundo erradicar a fame!!!

  7. blanco Dixo:

    El DNA tiene un poder absolutamente asombroso no solo a nivel biologico sino tambien a nivel humano, con solo cuatro nucleotidos se dan tantas diferencias entre humanos y seres vivos esto es algo alucinante. Primero deberian ocuparse de la humanidad y despues de esto pero con la tecnologia tambien se podria crear algun alimento que solucionara de alguna manera el hambre en el mundo ya sea replicando su ADN de manera sucesiva seria un gran metodo.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.