UN CEREBRO ESPECIAL

imagenMentres estivemos a desenvolver o tema da hominización sinalamos que na evolución dos homínidos un rasgo distintivo foi o incremento paulatino da capacidade craneana imprescindible para acoller un cerebro que cada vez tiña que manexar e procesar máis datos. Así pasamos dunha capacidade nos primeiros homínidos semellante aos primates (350 cc), Australopithecus (400 cc), Homo habilis (600 cc), Homo ergaster (800 cc),  Homo erectus (1000 cc), Homo neanderthalensis (1200 cc), Homo sapiens (1200-1400 cc).

Dentro dos Homo sapiens atopámonos cun cerebro de se afasta un pouco dos demais. Unha investigación publicada na revista científica Brain: a journal of Neurology, conclúe que os lóbulos parietales (zona do cerebro que recibe información sensorial) do Nobel de Física, Albert Einstein, posúen unha disposición insólita de sucos e crestas, bultos e pregamentos adicionais que probablemente se relacione coa súa capacidade extraordinaria para solucionar problemas.

O seu modo de proceder baseábase en imaxinar acontecementos, prever consecuencias e tocar o violín cós ollos pechados cando se atopaba atorado nun problema ata que aparecía a solución. Prefería utilizar as impresións sensoriais en lugar das palabras para comprender os acontecementos.

A Einstein sacáronlle o cerebro sete horas despois de morrer e o patólogo Thomas Stolz Harvey diseccionouno en 24o láminas que posteriormente conservou en formol (hoxe atópanse en varias universidades e museos de todo o mundo).

O cerebro deste  Homo sapiens non tiña unha masa especial (1230 gramos) pero a súa zona temporal é un 15% maior ca dun adulto normal da súa idade e contiña moitas máis células gliales (encargadas de fornecer de alimento as neuronas e defendelas), sinal de que consumía moita máis enerxía do normal.

Para concluir unha frase do propio xenio: “O cerebro é o que mais nos permite acercarnos a esencia física do que nos fai humanos”.

 

Tags:

5 Respostas a “UN CEREBRO ESPECIAL”

  1. agustin Dixo:

    O cerebro prodixioso de Einstein é o mellor cerebro que se atopou en todo o mundo. A capacidade cranial dunha persoa non quere dicir que sexa mais ou menos intelixente; o que di si eres mais ou menos intelixente son as “rugosidades ” do cerebro; Eistein tiña un cerebro moi “rugoso”, por iso era tan intelixente e prodixioso.

  2. feijoo Dixo:

    É sorprendente a capacidade de solucionar problemas que tiña Einstein,sen dúbida,algo “anormal” tiña que ter,e aquí está a resposta,os surcos e crestas que tiña facían que tivera unha habilidade insólita de resolver ecuacións. Tiña un 15% máis de zona temporal e máis células gliais,polo que tamén consumía máis enerxía do normal.

  3. kevin Dixo:

    a evolución do cerebro dende os homínidos ata o homo sapiens-sapiens foi algo sorprendente. Dende homo hábilis que xa era un antecesor cunha capacidade de cráneo bastante significativa ata o homo sapiens que “venceu” o neantherdal a base da sua intelixencia. O homo sapiens destaca moito pola sua gran capacidade de loxica e pensamento aínda que se pode desenrolar máis.

  4. conde Dixo:

    Sen dúbida,para min o cerbro de Einsten e o mellor do mundo,este tiña unha gran capacidade no cerebro,que era moi rugoso, que quere decir que ao ter o cerebro con moitas rugosidades e donde se sabe se eres intelixente,Eisten tiña un deses cerebros “rugosos” un cerebro prodixioso.
    Antes pensabase que por ter unha cabeza grande que eras máis listo,porque se decía que o cerebro era de mayor tamaño,pero sabemos que así nn e.

  5. caride Dixo:

    La evolución es increíble, fuimos evolucionando según se iban adaptando y sobreviviendo a las circunstancias del medio. Es fascinante como evolucionó el cerebro desde los primeros homínidos (Orrorín) asta la actualidad.
    Einstein era un fuera de serie aún no sabía ni el mismo de lo que era capaz de hacer sus estudios y sus explicaciones basadas en el cerebro nos permiten descubrir muchas cosas de las que desconocíamos;era un genio.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.