3000 m.a. CHUCHANDO DO SOL

imagenNo anterior tema de CMC falamos da posible orixe da nosa estrela e dos corpos que se atopan baixo a súa influencia. Neste estamos á pescuda da orixe da vida e a súa posterior evolución e voltamos a encontrarnos co sol.

A vida depende case totalmente da enerxía solar. O home obtén  a enerxía comendo unha costeleta, pero esta ven dunha vaca que a obtivo pacendo herba. E a herba obtén a enerxía do sol grazas á reacción química máis importante deste planeta, a fotosíntese (versión biolóxica perfeccionada dunha placa solar fotovoltaica), que ademais nos proporciona o osíxeno molecular causante da evolución a formas máis complexas como os bloggers.

En outubro de 2013 apareceu publicado na revista  Nature un artigo elaborado por científicos da  Universidade British Columbia de Canadá no que se expón que a osixenación da atmosfera xa escomenzara hai unhs 3.000 millóns de anos (lembrade que no libro de texto fálanos de 2.200 m.a.), pouco despois dos primeiros anaeróbicos. Chegaron a dita conclusión ao descubrir no macizo de Warrawoona (noroeste de Australia) estruturas estromatolíticas sedimentarias procedentes da actividade de microorganismos aeróbicos e que quizás sexan a pegada de vida máis antiga da que se ten constancia.

Se no tema do universo dicíamos que éramos po de estrelas, agora podemos concluir que non somos máis que pequenos almacéns de enerxía solar.

Agardo os vosos comentarios.

 

Tags: , ,

10 Respostas a “3000 m.a. CHUCHANDO DO SOL”

  1. feijoo Dixo:

    Parece increíble que algo tan dañino e malo como o sol nos poida servir para tanto a nós,e sobre todo ás plantas,que nos permiten seguir vivindo este planeta,xa que sen elas,non podríamos respirar.

  2. kevin Dixo:

    Parece interesante que o ser humano por moito que evolucione e mellore as suas formas de vida non é capaz de vivir sin a estrela sol. E que a atmosfera da terra e moi peculiar e non se pode vivr sen o osíxeno e a luz solar. Os únicos seres capaces de vivir en condicións moi desfavorables e poderían ver apargarse o sol aínda que quedan moitas xeneracións de humanos.

  3. conde Dixo:

    O que máis me chama a atención disto e a enerxía do Sol,sen ela acabaríase todo,todos os seres vivos morrerían,e solo poderían vivir as bacterias….sería un gran misterio porque o maís probable e que co paso dos millóns de anos nacesen novas especies que poderían vivir sen a necesidade da enerxía solar.
    Esperemos que tarde moitos anos en apargarse unhas das estrelas máis importantes do universo.

  4. suso Dixo:

    Buscamos unha resposta de onde ven a vida. Pero nunca nos paramos a pensar que a vida pode vir do sol.
    Si votamos unha ollada vemos que, gracias a enerxía solar todos podemos comer debido a que os seres vivos fotosintéticos recollen a enerxía lumínica e transfórmana en química; e esa enerxía vai pasando hasta que volve ao espazo.
    Posiblemente a orixe da vida estea no sol ou, por lo menos, sabemos que o sol é a maior fonte de enerxía e é a que nos sustenta a todos.

  5. jairo Dixo:

    Chama a atención que un corpo tan lexano a nos como é o sol teña tanta relación coa vida.Tamén me intriga que o seu “poder” so fose aproveitado por un dos planetas e non por ningún dos restantes.

  6. gallego Dixo:

    Es curioso… lo de que los átomos que componen nuestros cuerpos vengan de las estrellas ya lo sabía, pero que somos almacenes de energía no…
    Algo está claro, sin estrellas no habría ni mis átomos ni mi energía así que doy gracias a las estrellas.

  7. blanco Dixo:

    Algo que vemos todos os dias como é o sol non lle damos a importancia que ten. Sen a luz solar a vida humana neste planeta acabariase.De maneira directa ou indirecta necesitamos o sol pra todo, sen sol non habria luz pra ver nin as planatas farian a fotosíntese co cal estamos todos suxeitos O SOL

  8. caride Dixo:

    El sol es una estrella importantísima para nosotros es increíble lo que puede llegar a realizar. Sin él algunas plantas serían incapaces de realizar la fotosíntesis y morirían.

  9. pedro Dixo:

    Me parece increíble que una estrella haya tenido y tenga tanta repercusión sobre nuestro planeta, porque de no haber sido por esa estrella no habría ningún tipo de vida, y si hubiera, solo sería de organismos muy pequeños que no necesitan la luz para vivir ni para desarrollar sus funciones vitales.

  10. diz Dixo:

    É increible o que unha simple estrela como é o sol, poida chegar a facer todo eso ,e a realizar toda as cousas que fai.
    Todos os dias vemos o sol, e non lle damos importancia, pero sabemos perfectamente que no momento que o sol se apage, todos nos morreremos, o igual que as plantas xa que sin a luz do sol non poderian realizar as susas funcións vitais.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.