Drogas vs Saúde

Seguindo co tema da saúde, na seguinte entrada amósovos unha serie de diapositivas do psicólogo J.M. Menéndez nas que aparece a influenza do estilo de vida na saúde dos xóvenes.

 

Tags: ,

9 Respostas a “Drogas vs Saúde”

  1. sem.anibal Dixo:

    este video faime plantear o debate de:drogas=adolescencia.na miña opinion non é asi porque hai tanta xente adulta como adolescente que consume,na xente adulta é xa por habito mentres que nos demais e por probar,por non sentirse excluidos…

  2. sem.ruben Dixo:

    Esto dacordo coa informacion que estas imaxes nos ofrecen.Por uns motivos ou por outros a xente fuma,bebe…Podes fumar porque os teus amigos te marxinan se non o fas,ou te incitan a facelo.Esto tamen se ve implicado na saude pois podes xegar a ter problemas de corazon,de figado..

  3. sem.carlosneves Dixo:

    Esta información que se nos presta nestas dispositivas axudanos a saber o que nos leva a consumiciÓn de esas substancias.
    A maioría da xente pensa que o alcohol ou o tabaco non son drogas pero si que o son e por iso moita a xente a consume e sobre todo os adolescentes o fan por medo a descriminación dos seus compañeiros ou dos seus colegas.
    O principio non se dan conta dos problemas que iso lle pode traer para a sua saúde e cando pasan anos o queren deixar xa e moi tarde e non dan.

  4. sem.xacobe Dixo:

    Este video ten toda a razón,claramente as drogas perxudican a saude e a xente normalmente empeza por probar ou por non estar fora do grupo.

  5. sem.alfonso Dixo:

    a min o das drogas dame moitisimo medo porque teño un familiar neso e vexo o sufrimento dos pais e o esforzo del de deixalo e non poder.penso que unha primeira vez se empeza porque cho din os amigos pero despois xa te engancha e moi dificil separarse deso.por sorte existen rapaces que non consomen drogas e intentan levar unha vida sa.

  6. sem.carlos Dixo:

    Estas diapositivas advirtennos dos perigos das drogas`pero ante todo das causas que fan que os adolescentes proben as drogas.E esto é aínda máis importante,xa que sabendo como se cae e as súas consecuencias axúdannos a todos a saber como debemos facer para evitar caer na primeira vez,xa que esta nos levará a ser consumidores habituais.

  7. sem.armando Dixo:

    pois a min esta diapositiva pareceme bastante interesante e informativa. estou de acordo que a xente pensa que case todos os xovenes consumimos drogas. a verdade polo que sei o tema dos porros está moi estendido entre os xovenes.Coñezo a bastante xente da miña idade e incluso moito máis nova que xa consome tanto Canabis como haxis. tamen o alcohol e o tabaco son drogas e case non están recoñecidas pola sociedade. Poño como exemplo que cando eu estaba no instituto os rapaces comezaban a fumar tabaco e a beber alcohol.eu mismo admito que cando saio os sabados pola noite cos colegas se non nos emborrachamos parece que non nos divertimos, pero estou de acordo en que hai que intentalo o menos posible pois pode chegar a crear adición nun futuro.

  8. sem.angel Dixo:

    Eu penso que na xuventude influen moito as compañias e para facerse máis machos consumen e cando queren saír xa non poden. Asi que cada un como din por aí probar hai que probar de todo pero hai que ter a cabeza ben asentada e non convertirse en adictos.Hai drogas que están permitidas porque dan moitos ingresos para o estado pero tamén son drogas aínda que estén permitidas

  9. sem.angel Dixo:

    A min pareceme que o consumo de drogas en xente xove está influenciado polas compañias , moitos toman drogas para sentirse máis machos e despois cando queren saír dese mundo non dan.Probar hai que probar de todo pero hai que saber ata que límite.E tamén temos que saber que o tabaco,café… son drogas tamén aínda que estéan permitidas porque ó estado danlle moitos ingresos.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.