ECOLOXÍA RELIXIOSA

imagenO noso planeta necesita urxentemente unha nova forma de habitalo, require redifinir o progreso, acelerar a transición enerxética e, sobre todo, potenciar a educación ecolóxica. Todos estos desexos aparecen reflectidos na Laudato sí do papa Francisco.

A preocupación pola educación ambiental que xurde nos anos 60 no Cumio da Biosfera e posteriormente se desenvolve no protocolo de Tbilisi comeza a dar froitos. Nos membros máis lúcidos da nosa sociedade apréciase unha conciencia ecolóxica que se cuestiona constantemente  o tipo de mundo que debemos deixar aos que nos sucedan, aos nenos que están a medrar. Para moitos a conciencia ecolóxica e case unha relixión cuxa única moral é o amor a natureza. Nesta nova relixión tamén hai ceo e inferno, premio e castigo,  segundo nos comportemos con ela, como xa enunciara Lovelock na súa famosa teoría de Gaia.

O castigo é para os que contaminan as fontes e as  esgotan, os que matan o solo a base de biocidas, os que fan  o aire irrespirable cuspindo fume, os que lle pegan lume ó monte, os que acaban coa Árnica montana emponzoñando os lameiros con xurros ou que afogan as píntegas dos humidais con deterxentes fosfatados. Cada especie que se extingue é un anticipo do que lle agarda á especie humana ó final desta apocalipse ecolóxica na que estamos inmersos.

Os ateos actuais non ven o cambio climático, apadriñan os transxénicos, convidan as especias alóctonas, sobreexplotan os recursos, aniquilan os hábitats,  practican un capitalismo salvaxe sen importalle as consecuencias.

En fronte, a ecoloxía postula unha idiosincrasia baseada nun compromiso de salvación planetaria  sustentado na educación e na comunicación. O Paraíso so será posible se o home camiña en paralelo coa natureza,  deixando que o deus sol se faga azucre, que se mesture co aire limpo da atmosfera, que encamiñe a auga ata as fontes, e que esta auga volte ó mar donde un día comezou a xerminar a vida a partir da espiritualidade das bacterias.

 

Tags: ,

20 Respostas a “ECOLOXÍA RELIXIOSA”

  1. aguinaga Dixo:

    Eu opino que poderiaos cambiar esta situación educando ós rapaces e ás rapazas en valores tales como respetar a natureza, axudar a que perdure a vida, velar polo lugar que ocupamos e que ocuparemos, o fogar do que disfrutaran os nosos fillos e netos.
    Sería moi triste e desolador, e de feito o é, saber que estamos asistindo a extinción dalgunas especies e que os noso descendentes non as conoceran e, se as conocen, sexa só polas fotografías.

  2. vidal Dixo:

    A relixión da natureza como a es pon aquí e como para os cristianos o catolicismo por que ten ceo, inferno, pecado,premio pero solo e unha forma de pensa que puso el papa Francisco e que xurdiu nos anos 60 nesta nova relixión que tamen a habia enunciado Lovelock.

  3. barreira Dixo:

    As persoas deberíamonos preocupar moito polo planeta, xa que é o único que temos, yo de que este relacionada co da relixión da igual, xa que non todos teñen que crer en Dios pero si teñen todos que coidar o planeta.

  4. freijido Dixo:

    Hoxe en día hay moitas persoas que so falan de salvar o ecosistema é evitar a sua destrucción, pero na miña opinión eso non se pode lograr polo menos o 100% xa que sempre estarán os típicos os que o medio ambiente non lle importe.

    Só hay unha cousa ca que non estou de acordo co texto
    o castigo non e so para os que contaminan senón para todos porque todos habitamos este mundo que deberíamos salvar.

  5. eric Dixo:

    Esto en bastante cousas de acordo como pero creo que se lle debería aumentar a pena as persoas que permiten este mal uso das tecnoloxías para danar a natureza e tamén fomentar o bo uso delas con charlas, saídas culturais e interactuar co medio que nos rodea para introducirnos co medioambiente.
    Por respecto fronte o que aparece comentado de que os ateos non ven o cambio climático non creo que se deba soamente a iso senón a que son necios e non queren ver a realidade que nos ampara.

  6. dacal Dixo:

    E verdade que a ecoloxia actual pode compararse coa relixión pero as persoas con gran influencia non lles importa a critica mundial mentres sigan obtendo beneficios da explotación do mundo e para poder frear ese pensamento faria falta unha concienciación, que non hai, colectiva do risco que sofre o planeta para poder evitar que sigan con esta masacre ambiental.

  7. eric Dixo:

    Eu penso que unha persoa debería combatir contra as persoas que contaminan o medioambiente iso é debido a que non estan molestando o noso futuro e iso e fastidiar o próximo con cousas que nos causan problemas como son a contaminación….
    O esgotamento de recursos que deberían ser para todos iguais e iso tamén e pecado.
    El Papa Francisco pidió a más de 1.200 millones de católicos de todo el mundo que unan sus fuerzas a la lucha contra el cambio climático.

  8. ivo Dixo:

    Comparar o mundo do ecoloxismo cunha relixión pareceme algo exaxerado e impropio pero no que estou totalmente de acordo é da cantidad de contaminación que hai no mundo, é moitísima cando supostamente hai multas por tirar residuos ou outro tipo de actos como queimar montes os cales son super dañinos e perxudiciais e estos son os cada vez mais abundantes en vez de ser o contrario.

  9. deoliveira Dixo:

    Considero que es necesario cultivar un gran conocimiento sobre el cuidado adecuado de nuestro planeta como lo afirma la Hipótesis de Gaia, que dice que la presencia de la vida en la Tierra fomenta unas condiciones adecuadas para el mantenimiento de la biosfera. Sin embargo esta hipótesis los que nos señala según James Lovelock que hay un infierno y un cielo, un castigo y una recompensa; bajo mi criterio hay que saber discernir bien esta postulación de este famoso científico, ya que si cuidamos nuestro planeta tendremos como recompensa el cielo, pero si no lo cuidamos tendremos como castigo un infierno gracias al principio de no cuidar nuestra habitad. No obstante, yo no lo veo solo desde ese punto de vista, ya que como se distingue la ecología, donde postula que la salvación de la tierra es en base a la educación y la comunicación, por este motivo vemos una vez más la importancia de la educar a las poblaciones con la finalidad de tener una mejor cultura mundial y cosmopolita. Por último decir que estoy un poco encontrar que de esas teorías que hacen ese tipo de manifestaciones postapocalípticas, ya que muchas cosas se pueden lograr en base a esfuerzo y ejemplo sin la necesidad de tener que mostrar terror al mundo de nuestra propia destrucción.

  10. novoa Dixo:

    Deberíamos de empezar a mirar mais polo que tenemos e conseguimos habitar que é este planeta no cal levamos moitos anos, e no que fumos facendo noso e agora parece q estamos acabando con que fumos conseguindo pouco a pouco.

  11. morenza Dixo:

    Espero que, con la ayuda de la iniciativa del Papa, podamos evitar que sigan acabando con los recursos.
    Si todos los católicos (mil 285 millones, un total de 17.7% de la población total del planeta) atendiésemos a los consejos del Papa, sin duda conseguiríamos acabar con el gran problema de este siglo que conocemos como cambio climático.

  12. mera Dixo:

    Estou dacordo con varias cousas que di o texto pero non creo que a xente que sea atea non vexa o do cambio climático xa que hai xente crente que non cre no cambio climático.

  13. salgado Dixo:

    Eu creo que temos que educar aos rapaces e rapazas e tamén autoeducarnos a nós mesmos de que hai que cambiar esta situación. Debemos aprender a respetar a natureza, porque se pode desfrutar desta sen danala, se facemos isto permitiremos que os nosos descendentes desfruten dela como podemos facelo nós agora. Se non seremos espectadores en primeira persoa de grandes extincións, que os nosos descendentes non coñecerán, e incluso que a nosa especie desapareza.

  14. prieto Dixo:

    Eu penso que todos deberiamos de ter na consciencia a importancia de coidar o planeta , e non solo o digo polas persoas que estragan e contaminan o medio ambiente , sinon que , me refiro a todos nos xa que nos temos que ensinar os demais a non contaminar o planeta e a cuidalo .

  15. christian Dixo:

    Eu creo que se educamos aos nenos e nenas, para que protexan o medio ambiente podemos mellorar o mundo, para que non haya extinción.

  16. farinas Dixo:

    Deberíamos cuidar o noso planeta xa que é o único donde poderíamos vivir sen chegar a morte. Sobre todo o necesario neste planeta é deixar descendencia para aproveitar ao máximo o noso refuxio.

  17. aaron Dixo:

    Estoy de acuerdo con lo que se dice en el texto.
    Por otra parte no creo que haga falta que lo diga el papa para que nos demos cuenta de las cosas que estamos haciendo mal y las consecuencias que están ocasionando.
    Es un tema que se tendría que tratar en el colegio y poner en práctica cada uno en su casa, ya que no vale de nada que te expliquen las cosas y te lo repitan 50 veces cuando después llegas a tu casa y haces lo que quieres.

  18. farinas Dixo:

    Na miña opinión cada persoa debería facer o que poida e un pouco máis do que poida se eso é posible para poder manter o noso hábitat, é de todos os seres vivos que vivimos aquí. Aunque os ateos digan que non cren en todo o cambio climático, eles obviamnte tamén reciclan para poder subsitir.

  19. vasallo Dixo:

    Según a miña opinión para solucionar estos problemas como son a contaminación, non so coidar o que tiramos a os contenedores ou o que mandamos que tiren, se non que tamén fai falta que os nenos de hoxe en dia aprendan que non e recomendable tirar as cousas por hai ou por o chan e menos ao mar, pois eso e o que se quere evitar, e se aparte de educar ven a os nenos tamén nos coidamos de tirar as cousas a os segus lugares estaria xenial pois todo o mundo tiraria as cousas a os seus sítios, e non habería contaminación

  20. paradela Dixo:

    O dano constatnte e diario que lle estamos facendo a o Planeta é innegable. Ainda que sabemos que contaminar está mal facémolo, e isto non debería ser así; e non deberíamos de pensar solo en nós, si non nos nosos descendentes.
    E respecto ás persoas que non creen no cambio clímatico puidérono comprobar neste confinamiento.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.