PEROVSKITA: ENERXÍA FOTOVOLTAICA LOW COST

imagenNo tema da estrutura da terra que estamos a ver falamos que a unha profundidade aproximada de 670 km o mineral que forma o manto chámase perovskita, un óxido de titanio e calcio que pode chegar á superficie debido aos movementos tectónicos. Coñecida dende hai uns 150 anos, ninguén se percatara ata hai pouco tempo -próbase por primeira vez no ano 2009- da súa gran capacidade para absorver enerxía solar.

A perovskita é un novo material do que todo o mundo fala pois as células fotovoltaicas que se obtén dela son moito máis baratas cás actuais feitas de silicio xa que, cun espesor  de menos dunha micra, son tan eficientes na absorción de luz como o silicio cun espesor de 180 micras, polo que permiten reducir custos de produción da enerxía solar nun 80%.

As enerxías limpas, a pesar de ser sostibles e ecolóxicas, teñen un elevado custo xa que a tecnoloxía empregada é cara, e os prezos son moi superiores aos das enerxía fósiles, polo que non poden competir con elas. Nembargantes, esto podería cambiar no caso da enerxía solar grazas ao uso da perovskita.

Outra  particularidade deste material é a súa gran flexibilidade,  transparencia, lixeireza e firmeza e, debido ó mínimo espesor requerido para capturar enerxía solar que necesita, pódese aplicar  en forma de sprai convertendo calquera superficie nun panel solar; incluso as células de silicio melloran nun 20% o seu rendemento ao seren rociadas con perovskita.

Xa se poden atopar mochilas ou cubertas para iPad rociadas con este material que permiten obter enerxía eléctrica portátil.

Por certo, en Galicia temos xacementos deste mineral. Aparece na mina da Franqueira en Pontevedra ou en Ourense na das Sombras, no concello de Lovios.

 

Tags: , ,

24 Respostas a “PEROVSKITA: ENERXÍA FOTOVOLTAICA LOW COST”

  1. barreira Dixo:

    A perovskita pode proporcionar un gran paso cara o futuro xa que cas grandes propiedades que ten non fai falta utilizar outros materias máis costosos de conseguir, e con un pouco de perovskita pode ser igual de eficaz que outro material do cal se necesita moito máis

  2. freijido Dixo:

    Este material podería axudar moito no desemvolvemento das tecnoloxías renovables. E un material que podría ser capaz de levar as tecnoloxías renovables a un novo nivel donde teñan mais importancia que a enerxías non renovables.
    Aínda que esto fose posible aínda nos falta moito que aprender sobre a tecnoloxía e como adapatala para que non destruya o medio ambiente.
    Pode que moitos novos materiais como este ainda esten por descubrir que nos axuden a mellorala.

  3. eric Dixo:

    A perovskita, este novo material o cal nos permitiria obter máis enerxía debido as características polas cales este esta formado.Tamén me parecería moi importante xa que son máis baratas para obter é dicir que son máis baratas de obter e xera máis beneficios por isto creo que se debería comezar a explotar.A pesar de todos os beneficios que ocasionaría creo que inda tería outro máis imporatante que é un avance tecnolóxico como indica arriba nas mochilas ou cubertas para iPad que nos permitiría obter enerxía eléctrica portátil.

  4. dacal Dixo:

    A súa aplicación é verdade que abarataría o coste de produción de enerxías limpas e permitiría crear zonas produtoras con mais facilidade pero a súa extracción podería causar un choque visual

  5. vidal Dixo:

    A perovskita deveraise usar para facer grandes placas solares e no usar tanta enerxia nuclear gracias a este descubrimiento podrianse facer grandes avances como chegar electricidade a paises que non teñen posibilidade de ela e podemos levar paneis solares a lua parar poder ter enerxia ali,para poder facer vida ali.

  6. aguinaga Dixo:

    Paréceme que, se iste material é tan bo e útil, poderíase atopar o modo de facer co seu coste sexa mais barato ou facer estructuras a partir diste material para aforrar diñeiro e en algúns casos non contaminar.

  7. ivo Dixo:

    A perovskita paréceme un gran descubrimento xa que é un mineral que se encontra en gran cantidade e cunhas propiedas fabulosas e pode ser unha maneira de reducir a contaminación e aforrar tempo e luz artificial.

  8. rebollo Dixo:

    Paréceme un material revolucionador xa que ofrece ventaxas ao medio como o de non contaminar ou o de facer que se usen menos os productos contaminantes , se conseguírase iso e que o coste sexa menor que ao da dos contaminantes sería unha gran inversión tanto como económica coma para o medio ambiente.

  9. rubengg Dixo:

    É unha pena que un material tan bo e tan pouco contaminante que sexa tan caro, porque ao ser caro a xente, evidentemente, non o vai a comprar. Na miña opinión, creo que deberíamos baixarlle o prezo e empezar a usar máis este material, xa que, xunto con outros materiais e esforzo, lograremos salvar o noso planeta.

  10. mera Dixo:

    A perovskita é un gran material que se debería utilizar debido as suas altas prestacións para obter enexía do sol cunha gran facilidadade. Habería que invertir nela para conseguir cambiala por as pracas solares actuais e para eso ten que baixar o seu prezo e asi podela adquirin cun prezo moi biaxo e quitarlle moita productividade.

  11. novoa Dixo:

    Este material sería moi bo para poder utilizalo para o ben da humanidade e, polo tanto, non seguir gastando os materiais fósiles que están enchendo a terra de gases que están a provocar o cambio climático da terra, o derretimento dos polos da terra e o crecemento do nivel do mar, estaría ben comezar a cambiar as ideas que temos e comezar a coidar o noso planeta un pouco máis para que poidamos gozar del.

  12. reis Dixo:

    Creo que se pode sacar un gran aproveitamento da perovskita xa que ten a capacidade de absorver a enerxía solar,é un material barato a hora de ter beneficios e posúe unhas grandes características incribles,e seríamos capaces de facer grandes avances técnicos sen contaminar ao medio ambiente.

  13. deoliveira Dixo:

    La perovskita es un mineral con estructura cristalina, considerada como el futuro de los paneles solares. Esta entre las ventaja que tiene, son su facilidad de fabricación y de costo, con lo cual hace que sea llamativo para cualquier inversor interesado en esta industria. Sin embargo, este mineral puede en algún momento no ser tan bueno como aparenta, a causa de que esta tiene una cantidad pequeña de “toxicidad”, lo cual resulta un problema para la comercialización, afectando a la sociedad con problemas ambientales.

  14. morenza Dixo:

    Creo que la principal ventaja del uso perovskita, sería la creación de células solares conocidas como células multiunion(compuestas por mas de un material semiconductor) que tendrían como principal ventaja el aumento en gran medida la eficiencia.
    El inconveniente que tenían es el elevado coste de fabricación. Por esto la importancia de este material, perovskita(ya que se puede producir a bajo costo en el laboratorio).

  15. salgado Dixo:

    A perovskita é o mineral que forma o manto a uns 670 km de profundidade. A partir deste material obtéñense células fotovoltaicas que nos permitirían reducir ata un 80% o custo da produción da enerxía solar. Aínda que o prezo das enerxías limpas é moito maior que o das enerxías fósiles, estas son ecolóxicas e sostibles, polo que axudaríamos a reducir o impacto das enerxías fósiles ao cambio climático. Ademáis, este material presenta gran flexivilidade e lixeireza, o que nos permite poder recubrir a superficie de calquera obxecto, como un teléfono ou unha carteira e así dispoñer de enerxía portátil en calquera lugar no que nos atopemos. Este material pode encontarse con facilidade porque debido aos movementos tectónicos pode chegar á superficie, en Galicia podemos atopalo en dúas minas, en Pontevedra e Ourense.

  16. parada Dixo:

    Eu penso que grazas a Perovskita , aparte de que se podería abaratar moito o custo da obtención da enerxía eléctrica, poderíamola producir en moitos sitios diferentes, xa que ten un alto rendemento , moi superior ao do silicio, e cada dispositivo podería levar perovskita enriba e incluso podería cargarse a si mesmo, como un coche eléctrico.
    Aparte de todo, poderíanse as grande pracas de silicio que hay nos desertos e aumentar a súa producción nun 20%.

  17. christian Dixo:

    La perovskita es un material muy viable para la energia solar ya que lo que el silicio consiguio en 40 años la perovskita lo consiguio en tan solo 10 años y de hecho ahora el record de acumulacion de energia lo tiene la perovskita con un 27% que eso ya es mucho, lo bueno de la perovskita es que es economicamente barata para lo util que es, con un rendimiento muy alto e superior ao Silicio.

  18. farinas Dixo:

    Eu creo que é dos mellores descubrimentos debido a que permitirá a fabricación de células fotovoltaicas máis eficientes e baratas sen algunhas das desvantaxes do silicio, o material máis utilizado na actualidade nos paneis solares.
    É moito máis fácil de fabricar e máis barato que o silicio porque o proceso é sinxelo e utilízanse materiais baratos “

  19. farinas Dixo:

    É un bo descrubrimento debido a que permite aproveitar a enerxía moito máis barata a partir dun descrubimento que é aínda mais barato. O silicio é o maís utilizado e tmoi caro.

  20. vasallo Dixo:

    Eu penso que este material e un material algo curioso, pois é bastante útil o cal nos poderia axudar a aforrar, tanto en diñeiro como en tipos de materiais, grazas a que absorbe moita más luz que o silicio. Grazas a que ten moi pouco espesor poderia convertirse prácticamente calquer cousa nun panel solar e de esa manera podemos por en calquer lado unos paneles solares.

  21. aaron Dixo:

    Na miña opinión a Perovskita e unha nova forma de conseguir enerxía eléctrica, con uns costes moi baixos.Ademais podemos empezar a producir en diferentes lugares nos que antes non se podía.

  22. bastos Dixo:

    La Perovskita es un mineral que forma el manto y si ese material se utilizara en nuestro día a día podríamos ahorrar muchísimo dinero en el uso de las energías porque podríamos ahorrar mucho dinero porque podríamos aumentar la producción de las placas solares.

  23. prieto Dixo:

    Este material que non coñecía paréceme moi interesante , xa que con el cada vez podemos reducir pouco a pouco os custos . Támen me parece que é un material que avanzaría longamente nas enerxías renovables . As outras propiedades como a flexibilidade a transparencia e a firmeza támen son vantaxes para un desenvolvemento de enerxías e demostran a súa boa calidade .

  24. paradela Dixo:

    Se queremos conservar o noso planeta empregando enerxías renovables, o uso da perovskita sería unha gran oportunidade para conseguilo. O maior inconvinte é o seu elevado custo; para iso os estados deberían de invertir e financiar a súa explotación, para que este produto puidese ser adquirido polos consumidores a un prezo asequible.

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.