A ORELLA DE DARWIN

imagenÉ curioso que despois de millóns de anos aínda manteñamos parte do xenotipo dos nosos antepasados primates. Existen órganos con función descoñecida, polo que supoñémos que foron órganos que co paso do tempo e o traballo da “selección natural” quedaron como pegadas do pasado, son o que hoxe chamamos órganos vestixiais.

Robert Wiedersheim publicou en 1893 unha lista de 86 órganos que nos humanos carecían de función coñecida. Entre eles atópanse a pel de pita, a moa do xuízo, o apéndice, o coxis, os pezóns nos machos, os músculos nas orellas…, e o tubérculo de Darwin.

Este último é un engrosamento cartilaxinoso do borde da orella que foi descrito por primeira vez por Darwin no seu libro O descenso do home. Suponse  un vestixio da orella apuntada que posúen a maioría dos mamíferos que lle permitía detectar sons lonxanos e incluso articularse sobre a apertura da orella para protexelo tímpano.

Posúeno o 10,4 % dos humanos, aparece nunha o nas dúas orellas e débese a un xene autosómico dominante.

 

Tags:

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.