HAI UN GALEGO NA LÚA

imagenNo intento de clarexar un pouco máis o misterio do universo en expansión actual  botamos man, entre outros, do astrofísico e sacerdote belga George Lemaître que foi quen de rexeitar o exposto por Einstein (a famosa “constante cosmolóxica” que mantiña o universo estático). A súa idea do universo en expansión sería corroborada posteriormente co descubrimento da “radiación de fondo de microondas“.

O título deste post fai referencia a que hai un cráter na Lúa que leva o nome dun ilustre galego, Ramón María Aller, astrónomo, botánico, climatólogo e gran divulgador do universo nado en Lalín en 1878 e considerado o pai da Astronomía en Galicia e referente mundial na materia.

Era un home curioso que tiña como única aspiración o coñecemento e a súa afición pola astronomía xurde cando a súa aboa lle regala un anteollo de 75 mm co que facía observacións dende unha fiestra no Seminario de Lugo onde foi seminarista ata que  se doctorou en Teoloxía e foi ordeado sacerdote en 1900. Ramón nunca deixou de aprender, chegando a dominar dez idiomas e foi o introductor en España do estudio das estrelas dobres, das que chegou a descubrir catro ao longo da súa vida.

Pero era, por riba de todo un cura, un home de Iglesia (dicia misa tódolos días) para o que, o mesmo que Lemaître, a ciencia e a relixión son dous camiños distintos e complementarios que converxen na verdade.

Coñeces outros científicos famosos que cultivaran a vocación científica e relixiosa simultáneamente?

 

Tags: ,

2 Respostas a “HAI UN GALEGO NA LÚA”

  1. millan Dixo:

    Debemos estar moi orgullosos por ter un astrónomo tan importante como Ramón María nacido na nosa terra, xa que poucas veces se adoita falar das mentes importantes que ten a nosa Galicia e tamén me chama a atención que un señor tan importante no mundo da astronomía optara por facerse sacerdote. Esto nos enseña que a través da ciencia tamén se pode chegar a coñecer a Deus. É un caso parecido ao de Nicolás de Oresme (obispo de Lisieux en 1323) que afirmou naquela época que o máis probable era que a Terra xirara sobre si mesma e non o ceo sobre ela.

  2. sergioalonso Dixo:

    Muchas personas afirmaban que la ciencia y la religión no pueden ir juntas de la mano. ¿Ser científico es obstáculo para creer en Dios? para mi entender la respuesta es muy rotunda,no! un científico puede ser tan brillante en un laboratorio, como devoto en una iglesia cristiana.

    Otros dos casos de premios nobel que me llamaron la atención fueron:

    1º Albert Einstein dijo:
    «La ciencia sin religión es renga, La religión sin ciencia es ciega».

    2º Max Born dijo:
    «Solo la gente boba dice que el estudio de la ciencia lleva al ateísmo».

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.