O MESTRE VENUS

imagenNo tema que estamos a desenvolver sobre o Universo falamos da orixe dos planetas segundo a hipótese nebular. Ésta dinos que os planetas interiores como Venus e a Terra fórmanse fai uns 4.500 millóns de anos na mesma zona da nebulosa solar comprimida trala explosión dunha supernova, e, polo tanto debían estar formados polos mesmos ingredientes; comparten, ademáis, outras características polas que as veces se consideran planetas xemelgos como o tamaño e a súa  atmosfera con fenómenos meteorolóxicos.

Hoxe son moi diferentes. Venus é un inferno a 460º de temperatura na superficie (todas as naves que atravesaron a atmosfera quedaron abrasadas, fundidas ou aplastadas pola presión atmosféria)   e sen auga. Nembargantes a Terra é un planeta con auga e vida. O porqué desta diferenza sigue sendo un enigma pero intentarei mostrar as causas que aportan os científicos actuais.

Fai 4.000 millóns de anos probablemente Venus tivera grandes océanos de auga líquida. Pero ao estar máis cerca do Sol ca Terra (108 millóns de kilómetros frente a 149 millóns de kilómetros do noso planeta) a evaporación facía que a atmosfera se enriquecera en vapor de auga (principal gas de efecto invernadoiro). Os raios solares romperon as moléculas de auga en osíxeno e hidróxeno. O hidróxeno abandona o campo gravitatorio de Venus e o  osíxeno mestúrase co carbono que sae dos abundantes volcáns que existen na superficie de Venus (a cartografía de Venus debémoslla a sonda Magallanes que orbitou durante anos por riba das nubes usando un radar cuxas sinais atravesan a atmosfera do planeta) formándose inmensas cantidades de dióxido de carbono (outro dos implicados no efecto invernadoiro).

efecto invernadoiro de Venus prodúcese cando a radiación ultravioleta (a que nos queima cando vamos á praia ou o monte) atravesa as nubes de Venus, chega ao solo, e convértese en radiación infravermella, pero agora non pode fuxir cara o espazo exterior (é como unha pota a presión). Esto e a causa de que a temperatura suba e suba.

A temperatura de Venus é especialmente elevada, debido a un factor que aquí na Terra xa nos comeza a ser familiar, o efecto invernadoiro. A Terra é un recén chegado a este tipo de quecemento global, pero Venus é un planeta con experiencia dabondo e deberíamos tomar nota.

Investigar os misterios da atmosfera de Venus, entre eles o colosal efecto invernadoiro, non so interesa aos meteorólogos venusianos. Nos últimos tempos os terrícolas tamén sentimos inquedanza ao plantexarnos se algo parecido ó que pasou alí podía acabar ocorrendo na Terra se o quentamento global que vivimos no noso planeta, debido aos gases de efecto invernadoiro de orixe antrópico,  sigue avanzando sen freo.

 

Tags: ,

7 Respostas a “O MESTRE VENUS”

  1. millan Dixo:

    Parece increible que a Terra teña as características necesarias para a vida, pois parece ser o único planeta onde se pode dar vida tal como a coñecemos. O máis probable é que o fin da Terra sexa parecido o que pasou con Venus, pero isto pasará nun período moi longo de tempo onde ninguén de nós estemos aquí, asi que… ¿Porqué preocuparse?

  2. davidviso Dixo:

    Eu penso que o que o corre en Venus e froito de miles e miles de anos de radiación solares e vulcanismos.
    Pero é evidente que o home, se segue por ese camiño de contaminación e de emisións nocivas a o medio acabaremos tendo un planeta mais, que non se diferenciará dos demais, porque tamén estará sen vida.

  3. ismael Dixo:

    Na miña opinión, creo que a evaporación da auga e inevitable, como no caso de Venus a evaporación de auga non foi por causas antrópicas.Na emisión de CO2 no planeta Terra ceo que si que sera posible diminuir a emisión de CO2 por que a maioría e emitido polo home xa que é un dos prinipais causantes do efecto invernadoiro.

  4. sergioalonso Dixo:

    En mi opinión, el efecto invernadero de venus que es supermasivo debido a su gran calor, acabará ocurriendo en la tierra (supongo que a un nivel más pequeño) si no le ponemos remedio.
    Estamos destruyéndonos a nosotros mismos sin darnos siquiera cuenta.

  5. joel Dixo:

    Me parece un post muy interesante, por que Venus es un planeta mu semejante a La Tierra en tamaño, pero son totalmente distintas aunque nacieran de la misma nebulosa.
    Venus no tiene océanos y su atmósfera produce efecto invernadero que eleva cada vez más y más la temperatura.

  6. lloves Dixo:

    Venus ao estar tan cerca do Sol a auga que tiña evaporose porque a auga ten un punto de estado gasoso de 100º ao ter 460º a auga evaporase e venus queda sen auga mentres que a Terra ao estar mas lexos que Venus do sol a auga non se evaporou.

  7. lucasblanco Dixo:

    Según los expertos Venus y la Tierra formados por la explosión de una Supernova, en sus inicios eran planetas semejantes y compartían las mismas características, pero por su colocación más cercana de Venus ante el sol, tan solo 41 kilómetros de diferencia con la Tierra , que a mi personalmente me parece una cifra pequeña comparado con las grandes distancias que hay en general en el universo y que ahí algo tuvo que influir, pero dejando a un lado el aspecto de fe, lo que influyo en Venus para que se convirtiese en un planeta desierto por sus elevadísimas temperaturas fue el efecto invernadero provocado por el SOL y a diferencia de la Tierrra que es provocado por la irresponsabilidad y el egoísmo del HOMBRE que solo se preocupa de si mismo y no ve el daño que le está provocando a este planeta que tiene “casualmente ” las condiciones perfectas para que se de vida y nosotros de “tontos” las destruimos

Vostede debe rexistrarse para facer un comentaio.